Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 15 de outubro de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 2000/000480-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido áchanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000480-1.

Denunciado: Juan Manuel Olveira Sampedro.

DNI: 52935927-R.

Enderezo: Amarella, 1-2º E, Ribeira.

Precepto infrinxido: 6.9º.

Sanción: 25.001 pesetas (150,26 euros).

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000530-1.

Denunciado: Isidro Jesús Santos Fungueiriño.

DNI: 52931463-E.

Enderezo: Ulla, 31, A Pobra do Caramiñal.

Precepto infrinxido: 6.10º.

Sanción: 25.001 pesetas (150,26 euros).

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 311.000.174/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña, título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

A Coruña, 15 de outubro de 2001.

Mª José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña