Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación da subministración de uniformes para o persoal laboral dos centros dependentes desta delegación provincial.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, fanse públicas as seguintes adxudicacións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº expediente: 13/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo do contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de uniformes.

c) Lotes: 8 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 115, do 14 de xuño de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.456.900 pesetas (catorce millóns catrocentas cincuenta e seis mil novecentas pesetas) (86.887,72 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 21 de agosto de 2001.

b) Contratistas: varios.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 8 lotes.

* Partida 1 roupa diversa (confección a medida): El Corte Inglés, S.A., por un importe máximo de 2.501.140 pesetas (dous millóns cincocentas unha mil cento corenta pesetas) (15.032,15 euros).

* Partida 2 (pixamas e batas para persoal): El Corte Inglés, S.A. por un importe máximo de 3.200.130 pesetas (tres millóns duascentas mil cento trinta pesetas) (19.233,17 euros).

* Partida 3 (roupa de punto): Equipamientos Cruceiro, Soc. Coop. Ltda. por un importe máximo de 2.718.000 pesetas (dous millóns setecentas dezaoito mil pesetas) (16.335,51 euros).

* Partida 4 (roupa de cociña): Equipamientos Cruceiro, Soc. Coop. Ltda. por un importe máximo de 610.820 pesetas (seiscentas dez mil oitocentas vinte pesetas) (3.671,10 euros).

* Partida 5 (roupa deportiva): Deportes Jalda, S.L. por un importe máximo de 1.056.000 pesetas (un millón cincuenta e seis mil pesetas) (6.346,69 euros).

* Partida 6 (calzado: zapatos de pel e botas de goma): proponse que esta partida quede deserta ó non reuni-la empresa os requisitos establecidos no prego de prescricións técnicas.

* Partida 7 (calzado: tenis): Deportes Jalda, S.L. por un importe máximo de 533.000 pesetas (cincocentas trinta e tres mil pesetas) (3.203,39 euros).

* Partida 8 (calzado: zocos): El Corte Inglés, S.A. por un importe máximo de 1.723.680 pesetas (un millón setecentas vintetres mil seiscentas oitenta pesetas) (10.359,53 euros).

O que se fai público para coñecemento xeral.

Vigo, 20 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra