Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 1 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 18 de setembro de 2001 dictada no expediente sancionador AC-74/2001, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó interesado que a seguir se relaciona a resolución da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-74/2001, incoando ó titular do establecemento de café-bar e tablao flamenco denominado Los Faraones, situado en Ardemil, O Mesón do Vento, do concello de Ordes (A Coruña), xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen

prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-74/2001.

Denunciado: Federico Eliberto Yáñez Martín.

Establecemento: café-bar e tablao flamenco Los Faraones.

Enderezo: Ardemil. O Mesón do Vento.

Localidade: Ordes.

Precepto infrinxido: artigo 86 puntos 2º e 5º da Lei 9/1997.

Resolución: 18 de setembro de 2001.

Sanción: dúas multas de vinte mil (20.000) pesetas cada unha.

A Coruña, 1 de outubro de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña