Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas do parque eólico denominado Currás, no termo municipal de Mazaricos, provincia da Coruña. (Expediente 4/2000).

Outorgada a declaración de utilidade pública, en concreto, por resolución da Consellería de Industria e Comercio do 4 de xuño de 2001, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas do referido parque eólico (expediente 4/2000), a prol da entidade beneficiaria Eurovento, S.L., con enderezo na rúa Varsovia, 4-C, 5ª planta, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

Esta delegación acorda sinala-lo día 10 de decembro de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos contidos

na relación de predios anexa a esta resolución, afectados por expropiación ou servidumes de paso por producción de enerxía eléctrica; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-los días e horas nos que se levará a efecto o levantamento das actas nas oficinas da Casa do Concello de Mazaricos, sen prexuízo de se desprazaren ós predios.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do

26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 24 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de predios, propietarios, bens e dereitos que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso e ocupación temporal por obra, no termo municipal de Mazaricos, afectados pola instalación do parque eólico de Currás.

Concello: MazaricosProvincia: A Coruña

Solo

Nº de

predio

Ref.

catastral

PropietarioEnderezoCoprovLugar

(Denominación)

Termo

municipal

Cimentación

(m)

*

Vía

(m)

*

Plataforma

(m)

*

Gabia

(m)

**

Voo

(m)

***

Ocupación

temporal obra

(m)

****

1Pol. 57

Parc. 47

M.V.M.C. da Parroquia de Colúns (edicto)A Picota, s/n15256

Mazaricos

Monte Ruña

de Colúns

Mazaricos1961.5004884004.00016.063

Descoñecido (Mº Fiscal)Edificio Audiencia Prov. 6ª planta

Capitán Juan Varela, s/n

15007

A Coruña

Concello de MazaricosA Picota, s/n15256

Mazaricos

Dimensións: cimentación= 14x14 m; accesos (= vía)= 10 m de largo; plataforma= (12 mx10 m)+(23 mx16 m); gabia= 2 m de largo

* Tipo de afección: expropiación de plena propiedade.

** Tipo de afección: imposición servidume paso eléctrico subterráneo.

*** Tipo de afección: imposición servidume voo pa do aeroxerador.

**** Tipo de afección: ocupación temporal (1 ano) para a realización das obras de execución do parque eólico.