Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.632

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 2 de novembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se pon en coñecemento un dato sobre a documentación relativa ó proceso selectivo para o acceso á categoría 103 do grupo III (entrevistador/a-enquisador/a) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Publicada a convocatoria para o acceso á condición de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia da categoría 103 (entrevistador/a-enquisador/a) do grupo III, mediante a Orde do 30 de xullo de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 160, do 20 de agosto), advírtese que tódalas prazas vacantes existentes na actualidade na dita categoría figuran na relación de postos de traballo vixente, coa esixencia como requisito imprescindible a posesión do permiso de conducir tipo B para o acceso a cada un deses postos.

Por esa razón, a Dirección Xeral da Función Pública, por medio deste anuncio, pon en coñecemento de todos aqueles que formularon solicitude para participar no proceso selectivo para o acceso á categoría 103 (entrevistador/a-enquisador/a) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, de acordo coa convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia nº 160, do 20 de agosto de 2001, que aqueles aspirantes que superen o dito proceso selectivo deberán presentar, para accederen ós postos actualmente vacantes da dita categoría e que se ofertarán ó remate do proceso, copia cotexada do permiso de conducir tipo B, xa que así se esixe na relación de postos de traballo vixente.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública