Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.632

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2001, do tribunal designado para xulga-las probas de ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados, pola que se convocan os aspirantes para a realización do primeiro exercicio.

Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados, por Orde do 28 de agosto de 2001 e publicada no DOG nº 170, do 3 de setembro, e constituído o tribunal designado por Orde do 6 de novembro de 2001 (DOG nº 215, do 7 de

novembro), de conformidade co establecido na base III.7 da devandita convocatoria, esta consellería DISPÓN:

Anúnciase que o primeiro exercicio da oposición terá lugar a partir do 27 de novembro ás 16.30 na aula 10 da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, s/n, en Santiago de Compostela.

Así mesmo convócanse para a súa realización, de conformidade coa base II.3.1, en primeiro lugar, os aspirantes admitidos para a quenda de promoción interna que a continuación se indican:

Álvarez López, Javier; DNI 33313351.

Tamén se convocan os seguintes aspirantes admitidos para a quenda de acceso libre:

Trillo Rodríguez, Fco. Javier; 35424170.

Veiras Suárez, María Dolores; 33259899.

Vidal Pardo, Fco. José; 33329560.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2001.

Javier Suárez García

Presidente do tribunal