Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2001 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso aberto, dos servicios de vixilancia e seguridade e outros, para o ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: ente público Portos de Galicia.

2. Obxecto: contratación dos servicios de vixilancia e seguridade e outros, para o ente público Portos de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: 40.207.749 pesetas (241.653,438 euros), IVE incluído.

4. Garantías:

a) Garantía provisional: 804.154 pesetas (4.833,068 euros).

b) Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixida: grupo III, subgrupos 2 e 8, categoría B.

b) Outros requisitos: non se esixen.

6. Prazo de execución: un ano.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa nº 5 A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02. Fax: 981 54 53 24.

e) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

f) Enderezo na Internet: http://w.w.w.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=805.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de solicitudes rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación de solicitudes rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o establecido na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Modelo de proposición: o que figura como anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación de solicitudes: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

e) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

f) Admisión de variantes: admítense variantes.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

b) Domicilio: Área Central.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia