Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución da obra de clave OH.315.495.

a) Obra.

Título: reforma do saneamento da marxe esquerda dos ríos Valiñas e Mero (concello de Culleredo).

Clave: OH.315.495.

Orzamento: oitocentos sesenta e nove mil novecentos trinta euros e cincuenta e tres céntimos (869.930,53 A), equivalentes a cento corenta e catro millóns setecentas corenta e catro mil duascentas sesenta e unha (144.744.261) pesetas.

Prazo de execución: trinta e dous (32) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Fianza provisional: non se esixe.

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16

de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto das obras, estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; avenida Rodríguez de Viguri nº 47, baixo B, Santiago de Compostela (teléfonos 981 56 09 10-981 56 09 11, fax 981 56 07 91).

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación.

c) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento da licitación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Decreto 3410/1975, do 25 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante de acordo co indicado na cláusula 2.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ás dez horas do décimo quinto día que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1) segundo se especifica na cláusula 2.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los concursantes.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos