Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a adquisición de mobiliario con destino a novos órganos xudiciais en Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número do expediente: 01/13/1734.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario con destino a novos órganos xudiciais en Galicia.

b) Número de unidades que se van entregar: segundo o sinalado no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de entrega: o sinalado no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de entrega: quince (15) días contados desde a data do asinamento do contrato.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 54.091,09 euros (9.000.000 de pesetas), IVE incluído, segundo a seguinte desagregación:

Anualidade 2001: 18.030,36 euros (3.000.000 de pesetas).

Anualidade 2002: 36.060,73 euros (6.000.000 de pesetas).

5. Garantías.

a) Provisional: 1.081,82 euros (180.000 pesetas).

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano; edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 62 24/54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

g) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano; edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais; sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano; edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou en día inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

María José Cimadevila Cea

Secretaría xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais