Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de outubro de 2001 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións das bateas: Unimarsa I, Unimarsa III, Unimarsa VII, Unimarsa X, Unimarsa XIV, Unimarsa XV, Unimarsa XVI, Unimarsa XIX, Martínez I e Martínez IV.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas, titularidade de Antonia Orro Sánchez e Antonia Martínez Orro e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 10-4-2001, Antonia Orro Sánchez e Antonia Martínez Orro solicitan autorización para a transmisión das concesións das seguintes bateas: Unimarsa I, Unimarsa III, Unimarsa VII, Unimarsa X, Unimarsa XIV, Unimarsa XV, Unimarsa XVI, Unimarsa XIX, Martínez I e Martínez IV.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993,

do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Loranmar, S.L. (CIF: B-15780448), das concesións administrativas das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Unimarsa I.

Situación:

Cuadrícula nº: 2.

Polígono: 2.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 24-7-1973 (BOE/DOG nº 210).

Remate da vixencia: 1-9-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Unimarsa III.

Situación:

Cuadrícula nº: 12.

Polígono: 2.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 24-7-1973 (BOE/DOG nº 210).

Remate da vixencia: 1-9-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Unimarsa VII.

Situación:

Cuadrícula nº: 13.

Polígono: 2.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 24-7-1973 (BOE/DOG nº 210).

Remate da vixencia: 1-9-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Unimarsa X.

Situación:

Cuadrícula nº: 15.

Polígono: 2.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 24-7-1973 (BOE/DOG nº 210).

Remate da vixencia: 1-9-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Unimarsa XIV.

Situación:

Cuadrícula nº: 84.

Polígono: 1.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 24-7-1973 (BOE/DOG nº 210).

Remate da vixencia: 1-9-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Unimarsa XV.

Situación:

Cuadrícula nº: 91.

Polígono: 1.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 24-7-1973 (BOE/DOG nº 210).

Remate da vixencia: 1-9-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Unimarsa XVI.

Situación:

Cuadrícula nº: 83.

Polígono: 1.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 24-7-1973 (BOE/DOG nº 210).

Remate da vixencia: 1-9-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Unimarsa XIX.

Situación:

Cuadrícula nº: 24.

Polígono: 2.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 24-7-1973 (BOE/DOG nº 210).

Remate da vixencia: 1-9-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Martínez I.

Situación:

Cuadrícula nº: 14.

Polígono: 2.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 29-1-1968 (BOE/DOG nº 25).

Remate da vixencia: 29-1-2008.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Martínez IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 16.

Polígono: 2.

Distrito: Sada (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 29-1-1968 (BOE/DOG nº 25).

Remate da vixencia: 29-1-2008.

Actuais titulares: Antonia Orro Sánchez (76292241-E) e Antonia Martínez Orro (32748291-V).

Novo titular: Loranmar, S.L. (CIF: B-15780448).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 11 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña