Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.559

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., centro de traballo de Nigrán.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Fomento de Construcciónes y Contratas, S.A., centro de traballo de Nigrán, con nº de código 3602601, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-9-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, con data do 14-8-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libr de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de setembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Fomento de

Construcciones y Contratas, S.A. para o seu persoal

adscrito ós servicios de recollida de residuos

sólidos e limpeza viaria do concello de Nigrán

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

1. Este convenio colectivo regulará as condicións de traballo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., no sucesivo FCC, co seu persoal adscrito ós servicios de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria do concello de Nigrán, que FCC ten concertados co Concello de Nigrán.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

1. A duración do convenio será de catro anos e estenderase ata o 31 de decembro de 2004.

2. Non obstante, seguirase aplicando ata a sinatura do novo convenio que o substitúa e neste momento observarase o que determine a lexislación vixente en materia de negociación colectiva.

3. O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación íntegra no BOP. Non obstante, as retribucións salariais, recollidas no capítulo II, retrotraerán os seus efectos ó día 1º de xaneiro de 2001.

Artigo 3º.-Denuncia.

1. Este convenio considerarase automaticamente denunciado, unha vez terminada a vixencia prevista no artigo anterior, sen necesidade de ningún aviso previo.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

1. Respectaranse as condicións persoais que en conxunto anual excedan das condicións establecidas neste convenio, manténdose ad personam.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

1. As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe.

2. Os aumentos de retribucións que se puidesen producir no futuro por disposicións legais só serán aplicables cando, consideradas globalmente e en cómputo anual, superen as aquí pactadas. En caso contrario serán compensadas e absorbidas e este convenio manterase nos seus propios termos.

Artigo 6º.-Comisión mixta paritaria.

1. No prazo máximo de 10 días a partir do asinamento do convenio constituirase unha comisión mixta de interpretación e vixilancia do convenio.

2. Estará formada por 1 representantes da parte económica e 1 da parte social, que será o delegado de persoal. Ámbalas partes poderán contar con asesores.

3. Reuniranse por instancia de parte cantas veces sexa necesario e deberán realiza-la reunión coa maior brevidade posible.

4. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio e valoración de novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor deste convenio que poidan afecta-lo seu contido.

d) Cantas outras actividades tendan á eficacia práctica do convenio e a unha maior solución interna dos conflictos.

5. As reunións da comisión mixta paritaria, cando sexan convocadas pola parte empresarial, o día será por conta da empresa, e cando sexan convocadas pola parte social, será ó 50%, é dicir, o día investido nunha reunión será por conta da parte social e a próxima por conta da empresa.

Artigo 7º.-Interpretación e aplicación do convenio.

1. Ámbalas partes conveñen en que calquera dúbida ou diverxencia que poida xurdir sobre a interpretación ou aplicación deste convenio sexa sometida, antes de establecer reclamación ante os órganos competentes, a informe da comisión mixta paritaria.

2. A comisión mixta paritaria deberá emiti-lo seu informe nun prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte a aquel en que fose solicitado.

3. As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstruirán en ningún caso o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lei.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 8º.-Sistema salarial.

1. Considérase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou en especie, pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, ou os períodos de descanso computables como de traballo.

2. Non terán a consideración de salarios as cantidades percibidas polo traballador en concepto de indemnizacións ou suplidos, polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, as prestacións e indemnizacións da Seguridade Social e as indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

3. As condicións económicas, pactadas neste convenio serán as que para cada categoría se establecen na táboa salarial anexa, de acordo cos artigos seguintes.

4. O pagamento da nómina mensual efectuarase o último día hábil de cada mes. Cando coincida en festivo ou en sábado efectuarase o día anterior. A entrega da nómina será o día anterior ó pagamento.

5. O traballador, logo de notificación á empresa dun mes, poderá elixir calquera entidade bancaria para o ingreso da súa nómina, achegando, xunto coa solicitude, os datos relativos á súa conta bancaria.

Artigo 9º.-Estructura das percepcións económicas.

1. As percepcións económicas estructúranse con base nos seguintes conceptos.

1.1. Salario base.

1.2. Complementos salariais.

1.3. Gratificacións extraordinarias.

1.4. Retribución de vacacións.

1.5. Contribucións extrasalariais.

Artigo 10º.-Salario base.

1. O salario base do persoal afecto a este convenio será o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa. O salario base devengarase por día natural.

Artigo 11º.-Antigüidade.

1. O complemento de antigüidade consistirá en tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7% sobre o salario base de cada categoría.

2. A antigüidade aboarase a partir do mes seguinte en que se cumpra o período necesario para ter dereito a bienios ou quinquenios.

Artigo 12º.-Complementos salariais.

1. Considéranse como tales os complementos por traballos tóxicos, penosos e perigosos o complemento

de actividade, o complemento de nocturnidade e o complemento de productividade.

1.1. Complemento tóxico, penoso e perigoso.

1.1.1. O persoal afecto a este convenio percibirá un complemento de posto de traballo denominado complemento tóxico, penoso e perigoso e o seu importe será o 20% do salario base de cada categoría.

1.1.2. Quedan exceptuados da percepción deste complemento os postos de traballo desempeñados por empregados técnico-administrativos.

1.1.3. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

1.2. Complemento de actividade.

1.2.1. Para as categorías e polos importes que figuran nas táboas anexas devengarase este complemento por día efectivamente traballado.

1.2.2. Todo o persoal percibirao cando efectúe o seu traballo cun rendemento correcto.

1.3. Complemento de nocturnidade.

1.3.1. Os traballadores que realicen a súa xornada entre as 22 e as 6 horas percibirán un complemento de nocturnidade, consistente no 25% do salario base de cada categoría.

1.3.2. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado en xornada nocturna.

1.4. Complemento de productividade.

1.4.1. En compensación polo maior esforzo realizado para o normal desenvolvemento dos traballos os días seguintes a domingos e festivos en que non se preste servicio, o persoal que nos ditos días, posteriores a domigos ou festivos, realice o servicio, percibirá un complemento de productividade; a súa contía será a que se especifica nas táboas salariais anexas.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de verán e Nadal aboaranse, cada unha, a razón de 30 días de salario base máis antigüidade. A paga de beneficios será de 15 días de salario base máis antigüidade.

2. As pagas de verán e de Nadal devengaranse semestralmente. A de verán, do 1 de xaneiro ó 30 de xuño, e a de decembro do 1 de xullo ó 31 de decembro. Aboaranse os días 20 dos meses de xullo e de decembro, respectivamente.

3. A paga extraordinaria de beneficios devengarase do 1 de xaneiro ó 31 de decembro e aboarase o día 20 de marzo do ano seguinte ó do seu devengo.

4. As pagas extras devengaranse día a día, non devengándose nas ausencias inxustificadas. Nos casos de ILT aplicarase o disposto no artigo 32º.

Artigo 14º.-Vacacións.

1. Todo o persoal adscrito a este convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións retribuídas, ou a parte proporcional que lle corresponda en función do tempo traballado.

2. As vacacións retribuiranse a razón de salario base, antigüidade, complemento tóxico e complemento de actividade.

3. As vacacións distribuiranse nos meses de maio a setembro, ambos inclusive.

4. Confeccionarase un calendario anual de vacacións que garanta a rotatividade no seu desfrute.

Artigo 15º.-Complementos extrasalariais.

1. Complemento compensatorio de distancia e transporte.

Para compensa-los gastos que se lles producen ós traballadores para acudir ós seus postos de traballo, todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento extrasalarial, denominado complemento compensatorio de distancia e transporte; o seu importe será o establecido na táboa salarial anexa. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

1. A xornada diaria, durante toda a vixencia do convenio, será de 7 horas de traballo efectivo (incluídos 20 minutos para o bocadillo). A xornada de traballo distribuirase de luns a sábado, de acordo cos horarios e quendas que se recollen no calendario laboral, que se xunta como anexo III.

2. Para os anos 2001 e 2002 establécese unha xornada anual de 273 días de traballo efectivo.

3. No ano 2003 descansaranse 11 días ó ano, e a xornada anual queda en 262 días. Estes descansos distribuiranse de luns a sábado; para a súa posta en práctica establecerase un correquendas mensual, entre todo o persoal. Nestes días de descanso aboaranse os complementos salariais recollidos no artigo 12º, excepto o complemento de productividade.

4. No ano 2004 descansaranse outros 11 días máis ó ano, quedando a xornada anual en 251 días. Estes descansos distribuiranse de luns a sábado, e para a súa posta en práctica establecerase un correquendas quincenal, entre todo o persoal. Nestes días de descanso aboaranse os complementos salariais recollidos no artigo 12º, excepto o complemento de productividade.

5. Estas diminucións do número de xornadas anuais de traballo comportan a contratación de persoal para cubri-los postos de traballo necesarios para compensa-la dita diminución.

6. A distribución da xornada de traballo estará supeditada, en cada momento, ás necesidades do servicio e ós cambios que nel se poidan producir, en función do contrato entre FCC e o Concello de Nigrán.

7. Os excesos de horas semanais que se produzan como consecuencia do expresado no parágrafo anterior compensaranse con días de descanso entre semana.

Artigo 17º.-Descanso semanal.

1. Como norma xeral, o persoal das quendas de mañá e tarde realizarán o seu descanso semanal o domingo. O persoal que efectúe a súa xornada na quenda de noite descansará a noite do domingo ó luns.

2. Non obstante lo especificado no punto anterior, e ó tratarse dun servicio público de inescusable realización, existe a obrigatoriedade de presta-lo servicio en domingos e festivos. Os traballadores que teñan que traballar nestes días desfrutarán o seu descanso semanal ou a correspondente festividade noutro día.

Artigo 18º.-Festivos traballados.

1. Os festivos traballados serán aboados na contía de 5.600 pesetas (33,66 A) durante toda a vixencia do convenio.

2. Ademais, aboaranse os complementos correspondentes, e a empresa concederá un día de descanso compensatorio, que se retribuirá como domingo ou festivo.

Artigo 19º.-San Martín de Porres.

1. O día de San Martín de Porres, 3 de novembro, será considerado festivo.

Capítulo IV

Faltas e sancións

Artigo 20º.-Faltas e sancións.

1. Será de aplicación o catálogo de faltas e sancións regulado polo convenio xeral do sector, no seu título XII.

2. Tódalas sancións por faltas graves ou moi graves comunicaranse simultaneamente ó traballador e ó delegado de persoal.

Capítulo V

Seguridade e hixiene

Artigo 21º.-Seguridade e hixiene.

1. Dada a importancia que lle recoñecen os asinantes á prevención de accidentes, inclúese este capítulo dedicado á hixiene e seguridade no traballo. E considerando de obrigada aplicación, ámbalas partes, a lexislación sobre seguridade e hixiene, para tal efecto, organizarase un Comité de Seguridade e Saúde, co obxecto de velar polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias, así como para a posta en práctica do estipulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 22º.-Medidas de seguridade e hixiene.

1. A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes, como consecuencia do control do lugar de traballo e das instalacións e instrumentos que pon á disposición dos traballadores. As medidas de protección afectarán igualmente ós traballadores, obrigándose a traballar con seguridade y a coidar que os locais e instrumentos de traballo estean en perfectas condicións; débese poñer en coñecemento do comité de segu

ridade e saúde ou, no seu defecto, do comité de empresa, tódalas anomalías que se detecten para que este adopte as medidas oportunas.

Artigo 23º.-Comité de Seguridade e Saúde.

1. O Comité de Seguridade e Saúde terá unha composición de carácter paritario. O representante da parte social será o delegado de persoal.

Artigo 24º.-Funcións do Comité de Seguridade e Saúde.

1. As funcións do Comité de Seguridade e Saúde serán as seguintes:

a) Promove-la observancia das disposicións vixentes para a prevención de riscos profesionais.

b) Fomenta-la colaboración de todo o persoal na práctica e observancia das medidas preventivas, estimula-lo ensino, divulgación, propaganda da seguridade e hixiene no traballo, fundamentalmente entre os representantes dos traballadores, tanto do comité de representantes como entre os propios membros do Comité de Seguridade e Saúde.

2. A empresa facilitará os medios de propaganda necesarios, co fin de que todo o persoal estea ó día sobre as recomendacións, obrigas e prácticas en materia de seguridade e hixiene.

Artigo 25º.-Recoñecemento médico e vacinación.

1. Anualmente faráselles a tódolos traballadores un recoñecemento médico de carácter voluntario.

2. O recoñecemento médico consistirá, como mínimo, en:

-Audiometría.

-Control da vista.

-Análise de sangue.

-Análise de urina.

-Espirometría.

-Exploración clínica.

3. Os resultados do recoñecemento médico entregaránselle ó trabajador.

4. A campaña de vacinación consistirá, como mínimo, no seguinte:

-Vacina contra o tétano.

-Vacina contra a hepatite B.

Capítulo VI

Melloras sociais

Artigo 26º.-Permisos e licencias.

1. O persoal afecto a este convenio terá dereito ós seguintes permisos e licencias:

2. A. Permisos: a empresa poderá concederlle ó persoal que o solicite e por causas xustificadas ata 15 días de permiso ó ano, sen soldo, sempre que as necesidades do servicio o permitan. Os permisos deberán ser solicitados coa anticipación de 15 días, salvo casos de urxente necesidade.

3. B. Licencias: o persoal terá dereito, sempre que se cumpran os requisitos esixidos pola lei, a desfrutar de licencias retribuídas na forma e condicións que a seguir se indican:

a) Por matrimonio: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos: 1 día se é na provincia e 2 se é fóra dela.

c) Parto da esposa: 2 días, e 4 se é fóra da provincia

d) Falecemento, accidente, enfermidade grave ou hospitalización de cónxuxe, pais ou fillos: 3 días.

e) Falecemento, accidente, enfermidade grave ou hospitalización de avós, irmáns ou netos: 2 días.

f) Para renovación do carné de conducir das clases C, D e E de todo o persoal que o requira para a realización do seu traballo na empresa, polo tempo que lle sexa necesario para efectuar recoñecemento psicotécnico ou exames.

g) A empresa, logo de petición dos traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional e posterior xustificación, concederá as oportunas licencias para asistir a exames.

h) Por traslado do domicilio habitual: 1 día.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

4. Como norma xeral, as licencias comezaranse a contar na data en que se produza o feito que as motiva e, en todo caso, entenderase que os días de licencia son días naturais.

Artigo 27º.-Excedencias.

1. O traballador con alomenos unha antigüidade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria dun a cinco anos. A empresa reservaralle o posto de traballo ó traballador na dita situación e concertará para o efecto o contrato de interinidade ou substitución correspondente.

2. O dito contrato estará suxeito ás disposicións sobre a materia en vigor, no momento da substitución e ata que remate esta.

3. O traballador avisará a empresa con dous meses de antelación á data prevista para a súa reincorporación ó posto de traballo.

4. Este dereito só poderá volver ser exercido polo mesmo traballador unha vez transcorridos catro anos desde a finalización da anterior excedencia.

5. En todo o non previsto neste artigo observarase o establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

Artigo 28º.-Contratación.

1. Acórdase que a totalidade dos postos de traballo, necesarios para desempeña-lo servicio diario, sexan cubertos por persoal con contrato de traballo indefinido, para a prestación dos traballos de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria do concello de Nigrán.

Artigo 29º.-Axuda familiar.

1. Os traballadores afectados por este convenio que teñan ó seu cargo unha persoa diminuída psíquica ou física, de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social e logo de xustificación, percibirán un complemento extrasalarial de 5.382 pesetas (32,35 A).

Artigo 30º.-Póliza de accidentes.

1. A empresa subscribirá unha póliza de accidentes que garanta as seguintes indemnizacións:

2.a) En caso de falecemento por accidente laboral ou enfermidade porfesional: 1.935.000 pesetas (11.630 A).

3.b) En caso de invalidez absoluta ou grande invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 1.935.000 pesetas (11.630 A).

4. Para os efectos deste artigo considerarase accidente de traballo e enfermidade profesional o sufrido con ocasión da prestación de servicios para esta empresa, incluíndo cando se produza in itinere.

5. O titular poderá designar, ante a entidade aseguradora e por escrito, os seus propios beneficiarios.

Artigo 31º.-Xubilación.

1. Estabécese un premio de xubilación anticipada segundo o seguinte baremo e con independencia dos anos de servicio:

Xubilación ós 60 anos: 5 mensualidades.

Xubilación ós 61 anos: 4 mensualidades.

Xubilación ós 62 anos: 3 mensualidades.

Xubilación ós 63 anos: 2 mensualidades.

Xubilación ós 64 anos: 1 mensualidade.

Artigo 32º.-Incapacidade temporal.

1. Nos supostos de IT derivada de accidente laboral, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do salario mensual desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta.

2. De igual xeito actuarase nos casos de hospitalización e mentres dure esta.

3. Igual criterio se seguirá con respecto ó aboamento das pagas extraordinarias.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

1. Conductores. Persoal fixo de obra.

Roupa de invernoRoupa de verán

2 pantalóns2 pantalóns

2 camisas2 camisas

1 par de calzado1 par de calzado

1 anorak1 cazadora

1 roupa de auga

1 cazadora

1 gorra

1 xersei

2. Peóns. Persoal fixo de obra.

Roupa de invernoRoupa de verán

2 pantalóns2 pantalóns

2 camisas2 camisas

1 par de calzado1 par de calzado

1 par de botas de auga1 cazadora

1 par de luvas1 gorra

1 anorak

1 roupa de auga

1 cazadora

1 xersei

3. Mecánicos. Persoal fixo de obra.

Roupa de invernoRoupa de verán

2 camisas2 camisas

3 pantalóns3 pantalóns

3 cazadoras3 cazadoras

1 par de calzado1 par de calzado

1 anorak

1 gorra

1 roupa de auga

1 xersei

4. A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio.

5. A roupa de inverno entregarase do 1 ó 15 de outubro.

6. Cando a roupa rompa ou quede inservible realizando o traballo, a empresa cambiaraa por unha nova, logo de entrega da roupa deteriorada.

Artigo 34º.-Retirada do permiso de conducir.

1. No suposto de que a un traballador coa categoría de conductor realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo coa función que lle fose encomendada, lle fose retirado provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acoplarao a outro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectándolle a retribución de conductor por un período máximo de dous anos. Ó final da suspensión do permiso de conducir será reintegrado á súa antiga categoría e posto de traballo. O resto das categorías que desempeñen os labores de conductor rexeranse por este artigo.

2. Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir sexa debida a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción, ou cando exista reincidencia.

Artigo 35º.-Mobilidade.

1. Observarase o disposto con carácter xeral no Estatuto dos traballadores, no seu capítulo III, sección primeira.

2. Os distritos serán rotativos obrigatoriamente para todo o persoal.

Artigo 36º.-Créditos persoais.

1. Crearase un fondo de 1.000.000 de pesetas (6.010 A) e a comisión mixta paritaria regulará a forma de distribución e reintegro.

Artigo 37º.-Axudas de custo.

1. Compensaranse economicamente os desprazamentos por motivos laborais fóra do concello, sempre

que haxa que pernoitar no lugar do desprazamento, ou cando sexa preciso xantar ou cear alí.

2. Compensarase do seguinte xeito:

Axuda de custos completa: 5.980 pesetas/día (35,94 A).

Media axuda de custos: 2.990 pesetas/día (17,97 A).

Capítulo V

Dereitos sindicais

Artigo 38º.-Dereito de información.

1. En todo o referido ós dereitos sindicais observarase o estipulado con carácter xeral no capítulo XIII do convenio colectivo do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiros (BOE nº 58, do 7-3-1996), así como o establecido no artigo 64.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 39º.-Cota sindical.

1. A empresa descontará da nómina dos traballadores a cota sindical, logo de solicitude escrita de cada un deles.

Artigo 40º.-Información de absentismo.

1. A empresa facilitará trimestralmente información sobre absentismo, baixas por accidente, baixas por enfermidade e faltas inxustificadas.

Artigo 41º.-Altas e baixas na empresa.

1. Facilitaránselle ó delegado de persoal os modelos de contrato de traballo que se utilizan na empresa.

2. Ó traballador entregaráselle copia do seu contrato de traballo.

3. Cando existan altas de novos traballadores fixos ou eventuais, a empresa comprométese a comunicarllo ó delegado de persoal, indicando apelidos, nome e categoría do novo traballador, así como o tipo de contrato efectuado.

4. O traballador que desexe cesar na empresa deberá comunicarllo cunha antelación de 7 días. Este prazo será de 15 días para o persoal administrativo, e dun mes para o persoal titulado.

Artigo 42º.-Asembleas.

1. Os traballadores disporán dun crédito de 6 horas anuais para a realización de asembleas dentro da xornada de traballo, logo de notificación á empresa.

Capítulo VIII

Subrogación do persoal

Artigo 43º.-Subrogación do persoal.

1. En todo o referido á subrogación do persoal observarase o estipulado con carácter xeral no capítulo XI do convenio colectivo do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiros (BOE nº 58, do 7-3-1996), así como o establecido no artigo 44.1º do Estatuto dos traballadores.

Capítulo IX

Incrementos salariais

Artigo 44º.-Incrementos salariais.

1. Para o ano 2001, as cantidades que se van aboar serán as expresadas na táboa salarial, que se xunta como anexo I a este convenio.

2. Para o ano 2002, as cantidades que se van aboar serán as expresadas na táboa salarial que se xunta como anexo I, incrementadas no IPC correspondente ó ano 2001 máis 1 punto.

3. Para o ano 2003, as cantidades que se van aboar serán as correspondentes ó ano 2002, incrementadas no IPC do ano 2002, máis 1 punto.

4. Para o ano 2004, as cantidades que se van aboar serán as correspondentes ó ano 2003, incrementadas no IPC do ano 2003, máis 1 punto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-En todo o non regulado neste convenio observarase o disposto no convenio colectivo do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiros, publicado no BOE número 58, con data do 7 de marzo de 1996, así como o establecido no Estatuto dos traballadores e demais lexislación laboral vixente.

Segunda.-Este convenio constitúe un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, considerarase globalmente e en cómputo anual.

Terceira.-As partes asinantes acordan adherirse ó III Acordo Nacional de Formación Continua, subscrito con data do 19 de decembro de 2000, dunha parte por CEOE e CEPYME e doutra por CC.OO. e UGT, e publicado no BOE o día 23 de febreiro de 2001.

ANEXO I

Táboa salarial ano 2001 en pesetas

CategoríaS. baseTóxicoNoct.Activ.Transp.Product.Pagas

Ver./Nav.

Benefic.

Encargado4.7089421.1771.319373792141.24070.620
Cond. día3.00860225337375590.24045.120
Cond. noite3.00860275225337375590.24045.120

CategoríaS. baseTóxicoNoct.Activ.Transp.Product.Pagas

Ver./Nav.

Benefic.

Ofc. 1ª mec.3.00860225337375590.24045.120
Peón día2.85557117937375585.65042.825
Peón noite2.85557171417937375585.65042.825

Prezo festivo5.600

-Persoal adtivo. (retribución mensual)

Aux. admón.85.6643.9269.38786.66442.832

ANEXO II

Táboa salarial ano 2001 en euros

CategoríaS. baseTóxicoNoct.Activ.Transp.Product.Pagas

Ver./Nav.

Benefic.

Encargado28,305,667,077,932,244,76848,87424,43
Cond. día18,083,621,522,244,54542,35271,18
Cond. noite18,083,624,521,522,244,54542,35271,18
Ofc. 1ª mec.18,083,621,522,244,54542,35271,18
Peón día17,163,431,082,244,54514,77257,38
Peón noite17,163,434,291,082,244,54514,77257,38

Prezo festivo33,66

-Persoal adtivo. (retribución mensual)

Aux. admón.514,8523,6056,42520,86257,43

ANEXO III

Cadro horario para o ano 2001

1. Servicio de R.B.U.:
-Do 16 de setembro ó 15 de xuño:luns a sábado:noite das 23 ás 6 horas

mañá das 7 ás 14 horas.

-Do 16 de xuño ó 15 de setembro:diario:noite das 23 ás 6 horas.

mañá das 7 ás 14 horas.

2. Servicio de L. viaria:
-Do 16 de setembro ó 15 de xuño:luns a sábado:mañá das 7 ás 14 horas.
-Do 16 de xuño ó 15 de setembro:diario:maná das 7 ás 14 horas.

3. Servicio de talleres:
-Do 16 setembro ó 15 de xuño:luns a sábado:mañá das 7 ás 14 horas.
-Do 16 de xuño ó 15 de setembro:diario:mañá das 7 ás 14 horas.

4. Servicio de oficinas:
-Do 16 de setembro ó 15 de xuño:luns a sábado:mañá das 7 ás 14 horas.
-Do 16 de xuño ó 15 de setembro:luns a sábado:mañá das 7 ás 14 horas.

5. Festivos locais:día 29 de xuño

(venres).

día 1 de agosto

(mércores).

6. Festivos s/art. 19 conv.:día 3 de novembro.

Acta final da comisión negociadora de FCC, S.A.

14 de agosto de 2001

1. Representación social:

CIG:

José Luís Pereira Garza.

Asesores:

Rufino Santalices Gil.

Manuel Zabala Iglesias.

2. Representación empresarial:

Guillermo de Cal Alonso.

Miguel Ángel Guerra Martín.

Guillermo Davila Davila.

En Vigo, ás 12 horas do día 14 de agosto de 2001, nas oficinas da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., sitos na r/ Camelias, 36 de Vigo,

reúnense as persoas relacionadas, membros da comisión negociadora do convenio colectivo da citada empresa co seu persoal dos servicios de recollida de lixo e limpeza da cidade de Nigrán, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación do convenio colectivo.

1. Comezada a reunión dáse lectura ó texto definitivo do convenio, e ás táboas salariais e calendarios de traballo para o ano 2001, que se aproban por unanimidade de tódolos compoñentes da mesa negociadora.

2. Acórdase dirixirse á autoridade laboral para efectos de rexistro e posterior publicación do convenio, así como das actas inicial e final da negociación.

3. Coa sinatura deste documento ámbalas partes acadan o acordo final da negociación, con base no acordo previo asinado; queda, polo tanto, concluído o período negociador.

Sen máis puntos que tratar, levántase a reunión ás 14 horas, logo de asinaren tódolos compoñentes da mesa negociadora en proba de conformidade.