Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.556

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do grupo de espectáculos e deportes da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do grupo de espectáculos e deportes da provincia da Coruña (código convenio 1500715), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-8-2001, subscrito en representación da parte económica polos representantes legais de La Solana, Real Club Náutico, Club de Golf e Club de Tenis, e da parte social, polas centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG o día 10-7-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de agosto de 2001.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Ana Mª Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para o grupo de

espectáculos e deportes da provincia da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación para as empresas e sociedades integradas no grupo de deportes da provincia da Coruña e regulamentadas pola vixente regulamentación laboral de traballo para os locais de espectáculos e deportes do 29-4-1950.

Artigo 2º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio colectivo será por tempo indefinido en tódolos seus contidos, ata que as partes decidan substituílo por outro negociado, en todo ou en parte, e de acordo co previsto no seu artigo 3, iniciando a súa vixencia o día 1 de abril de 2001.

Artigo 3º.-Denuncia para efectos de negociación.

Este convenio poderá ser denunciado por calquera das partes cada ano de vixencia, cun mes de antelación; se non fose denunciado entenderase prorrogado por iguais períodos sucesivamente. En caso de prórroga, actualizaranse tódolos seus conceptos económicos no IPC do ano anterior máis dous (2) puntos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de trinta e nove (39) horas semanais.

Establécese un descanso de trinta (30) minutos, computables como traballo efectivo, cando a xornada de traballo sexa continuada.

Artigo 5º.-Cláusula de revisión.

No caso de que o IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa superase a 31 de decembro de 2001 un incremento do 2% con respecto ó 31 de decembro de 2000, efectuarase unha revisión salarial sobre tódolos conceptos económicos no exceso da devandita cifra. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de abril do mesmo ano, e para levalo a cabo tomarase como referencia os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para 2001. Estas táboas revisadas tomaranse como base para a negociación do convenio colectivo para o 2002.

Artigo 6º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes:

-Matrimonio do productor: 15 días.

-Enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos e parto da muller: catro días.

-Morte do cónxuxe, pais, fillos e irmáns: catro días.

Se o productor tivera que desprazarse fóra de Galicia, estas licencias ampliaranse a sete días.

-Morte de pais, irmáns políticos de ámbolos dous cónxuxes, ou avós: dous días.

-Morte de tíos, sobriños, netos, curmáns: un día.

-Vodas de fillos ou irmáns: un día se é dentro da provincia e tres se é fóra dela.

-Bautizos e primeiras comuñóns de fillos e netos: un día.

-Por calquera tipo de intervención cirúrxica dos familiares de primeiro grao ou persoas que convivan na unidade familiar: un día.

-Por traslado de enderezo habitual concédese unha licencia de dous días.

-Tódolos permisos e licencias deste artigo son extensivos ás parellas de feito, sempre que comuniquen a súa condición á empresa antes de producirse calquera dos feitos que dan dereito ás citadas licencias e permisos; a comunicación deberá ser escrita e acreditarse mediante calquera dos seguintes documentos:

-Certificacións de estar inscrito como parella de feito nalgún dos rexistros existentes.

-Copia do patrón municipal.

-Declaración ante notario para o efecto.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións regulamentadas para tódolos traballadores/as afectados/as polo presente convenio serán de 30 días, entendéndose comprendido no importe das vacacións o salario base, a antigüidade, complemento de convenio e calquera outro concepto fixo ou periódico.

As empresas, de común acordo cos representantes dos traballadores, ou con estes no caso de que non houbera os citados anteriormente, fixarán a primeiros de xaneiro o cadro de vacacións correspondente ó ano en curso.

No caso de que por calquera motivo non se puidesen goza-las vacacións nas datas establecidas no calendario, gozaranse noutra data logo de acordo entre a empresa e o traballador/a afectado/a, sendo a data tope para o seu goce a da denuncia para efectos de negociación deste convenio.

O persoal de traballo de tempada percibiraas proporcionalmente ó tempo traballado e ó remate deste.

Establécese unha bolsa de vacacións de 59.784 pesetas para o ano 2001, e para os traballadores fixos na empresa que gocen as vacacións nos meses de outubro a abril, ámbolos dous inclusive, esta cantidade faraa a empresa dous días antes do inicio do período de vacacións.

Queda pactado que, para os vindeiros 2 anos, a contía da citada bolsa se incrementará unicamente na mesma porcentaxe que se fixe nos convenios colectivos dos respectivos anos para o resto dos conceptos económicos.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Para todo o persoal que ingresase na empresa con anterioridade ó 1-4-1980, a antigüidade será computada por trienios do oito por cento. Para o persoal que ingrese con posterioridade á data anterior, rexerán as seguintes táboas:

-Ós 3 anos: 8%.

-Ós 5 anos: 10%.

-Ós 8 anos: 12%.

-Ós 10 anos: 15%.

-Ós 13 anos: 20%.

-Ós 15 anos: 25%.

-Ós 18 anos: 30%.

-Ós 20 anos: 40%.

-Ós 23 anos: 50%.

-Ós 25 anos: 60%.

Para iso teranse en conta para estes efectos os límites da lexislación vixente.

Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.

As empresas concederán as seguintes pagas extraordinarias:

No mes de xullo, e no mes de decembro, no mes de marzo e no mes de outubro, sendo todas elas de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 10º.-Baixa por enfermidade.

Para os dous primeiros IT por enfermidade ou accidente dentro da vixencia do convenio, as empresas incrementarán as prestacións de Seguridade Social ata o cento por cento do salario en activo (salario base, antigüidade, complemento de convenio e calquera outro concepto fixo ou periódico).

Para a terceira nos tres primeiros días de ausencia, o traballador deixará de percibi-lo 20 por cento da retribución diaria.

Do cuarto ó décimo quinto día, ámbolos dous inclusive, deixará de percibi-lo 10 por cento da citada retribución.

Cando a situación de IT dure máis de 15 días ininterrompidos percibirase a retribución íntegra desde o primeiro día de ausencia. Das situacións

de enfermidade aludidas exclúense as ausencias orixinadas por:

Hospitalización, intervención cirúrxica e descanso por maternidade.

O incremento das prestacións non será repercutible nas pagas extraordinarias, e estas serán aboadas na súa totalidade.

Artigo 11º.-Retribucións.

As retribucións para o persoal afectado por este convenio serán as seguintes para o ano 2001, tendo carácter de mínimos para tódolos efectos previstos na lexislación laboral vixente para os traballadores e traballadoras coa xornada prevista no artigo 4º do presente convenio colectivo, sendo proporcional nos demais casos; a suba inicial sobre tódolos conceptos económicos será do tres por cento, agás na bolsa de vacacións e seguro, que inicialmente serán as cantidades que nos epígrafes correspondentes se marcan.

CategoríasMensualAnual

Titulado grao superior165.5702.826.684
Titulado grao medio132.2802.294.044
* Persoal administración

Xefe de negociado130.4402.264.604

Oficial de 1ª126.1132.193.772

Oficial de 2ª121.3132.118.572

Auxiliares116.4042.040.188
*Persoal obreiro

Encargado de 1ª127.2682.213.852

Encargado de 2ª127.2682.213.852

Oficial de 1ª125.9662.193.020

Oficial de 2ª121.3132.118.572

Oficial de 3ª116.8002.046.364

Encargado de cabina111.8641.967.388

Operarios de limpeza111.8641.967.388

Peóns111.8641.967.388

Para os efectos consignados na táboa anterior, enténdese por categoría de encargado de primeira e segunda o trabalaldor que teña ó seu mando e ordes un grupo de persoal.

Artigo 12º.-Complemento de convenio.

Establécese un complemento de convenio de 9.815 pesetas mensuais, que queda conxelado para os anos vindeiros, e os aumentos que resulten da aplicación do convenio de cada ano dividiranse por doce e incrementaranse ó salario base mensual.

Artigo 13º.-Seguro.

As empresas ou sociedades, ben a nivel individual ou de sector, cencertarán ó seu cargo un seguro polo importe de 2.000.000 de pesetas para os casos de morte ou incapacidade total para o traballo, en caso de accidente, e para todos e cada un dos traballadores.

Artigo 14º.-Comisión mixta paritaria.

Como órgano de conciliación, intervención, arbitraxe e vixilancia do presente convenio, créase unha comisión de 6 vocais, tres por cada unha das partes. A citada comisión estará obrigada a xuntarse unha vez por trimestre, como mínimo, ou cando o soliciten tres vocais.

Artigo 15º.-Xubilación.

a) A xubilación do persoal afectado polo presente convenio colectivo será obrigatoria á idade que regulamentariamente estableza o Goberno, fixándose actualmente nos 65 anos, coa excepción dos que de mutuo acordo coa empresa se acollan ó Real decreto lei 1194/1985, do 17 de xullo, e opten pola modalidade de pensión por xubilación ós 64 anos de idade.

Con independencia do anterior, en todo caso, ó persoal que decida xubilarse anticipadamente, garantiránselle as seguintes indemnizacións por xubilación e segundo a seguinte escala de idade:

-Ós 63 anos: 12 mensualidades.

-Ós 62 anos: 13 mensualidades.

-Ós 61 anos: 14 mensualidades.

-Ós 60 anos: 15 mensualidades.

b) Para os centros de traballo Real Club Náutico da Coruña e Club de Golf da Coruña, a letra a) do presente artigo non producirá efecto, séndolles de aplicación a estes centros o seguinte:

Todos aqueles traballadores que teñan dereito ás prestacións do cento por cento por xubilación, a partir da sinatura do presente convenio, negociarán coa empresa a súa posible xubilación anticipada, aínda cando non teñan a idade regulamentaria de 69 anos prevista polo Estatuto dos traballadores, de forma que ó ter dereito ás prestacións do cento por cento, sexa cal fose a súa idade, habendo acordo entre as partes, se considerarán extinguidas as relacións laborais.

Establécense os seguintes premios por xubilación anticipada:

-Ós 63 anos: 12 mensualidades.

-Ós 62 anos: 13 mensualidades.

-Ós 61 anos: 14 mensualidades.

-Ós 60 anos: 15 mensualidades.

c) Para facer uso dos dereitos previstos para a xubilación anticipada no artigo 15 do convenio colectivo, os traballadores terán que avisar á empresa no exercicio económico anterior.

d) As empresas e sociedades que cubran cun novo traballador ou traballadora as vacantes de persoal que se produzan pola aplicación do previsto no artigo 15 do convenio colectivo e superen satisfactoriamente un período de proba de nove meses, pasarán a integrarse como fixos do cadro de persoal, sendo o necesario un período de 12 meses para acada-la

mesma condición os que suplan os xubilados a través do Real decreto lei 1194/1985, do 17 de xullo, sempre que non estivesen vencellados á empresa nos dous últimos anos, por un contrato de igual ou superior tempo; en tal caso, seguirán aplicándose os nove meses de proba.

Artigo 16º.-Descanso dominical.

No sector de deportes, polas súas específicas características, estarase exento do descanso dominical coas seguintes limitacións.

a) Soamente poderán traballar en domingo aqueles traballadores que ata a data o viñan facendo, e nos postos de traballo nos que sexa necesario facer traballos en domingos e festivos.

b) Salvo nos casos especificados no punto seguinte, ningún traballador poderá traballar dous domingos seguidos, é dicir, que como máximo se poderá traballar un domingo si e outro non.

c) Para aquelas sociedades nas que a aplicación da letra b) sexa imposible debido ás numerosas funcións que desempeñan en domingos e festivos, a empresa poderá modifica-lo sistema aquí regulamentado, para o cal terá que chegar a un acordo previo con cada traballador/a afectado/a, co coñecemento e sen a oposición do comité de empresa ou delegados de persoal.

Artigo 17º.-Cadro de descansos.

Tódalas empresas, a raíz da publicación do presente convenio colectivo no BOP, estarán obrigadas a expoñer en lugar público un cadro de descansos de alomenos 8 semanas; a exposición farase con 10 días de antelación á súa data de entrada en vigor e este terá que ser negociado previamente cos traballadores.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

Entregaranse dúas pezas de roupa de traballo adecuadas ás funcións que cada traballador desempeñe, e no caso de deterioración xustificada as necesarias, a partir da sinatura do presente convenio e cunha periocidade anual.

Artigo 19º.-Cláusula de desvinculación.

Cando unha empresa ou sociedade nas incluídas no ámbito de aplicación deste convenio pretenda a inaplicación do nivel retributivo establecido nel, deberá proceder do seguinte xeito:

1. A empresa ou sociedade interesada na inaplicación deberá remitir á comisión paritaria do convenio a documentación que estime pertinente, xunto co escrito formulado ó seu propósito, no prazo improrrogable de dez días a partir da súa sinatura se participa na negociación, e no de oito días despois do seu rexistro na oficina pública correspondente se non participa nela.

2. A comisión paritaria disporá do termo dun mes para resolver. Dentro deste tempo escoitará a representación dos traballadores da empresa solicitante,

os sindicatos participantes na mesa negociadora, así como os representantes da empresa solicitante.

3. Será requisito necesario para instar, obte-la inaplicación do nivel retributivo do convenio, estar ó día no seu aboamento ata a data de resolución da comisión paritaria.

4. Así mesmo, a empresa debe dar conta da situación de inestabilidade nos exercicios anteriores, e demostrar verdadeiramente que, no caso de aplica-lo réxime salarial pactado no convenio, tería que proceder ás medidas de extinción e suspensión de contratos; en calquera caso, a empresa debe precisa-las circunstancias económicas que xustifiquen a súa solicitude e achega-la documentación económica e financeira necesaria, co fin da súa fiscalización sindical.

5. No caso de estimar fundada a solicitude, a comisión paritaria establecerá o incremento salarial aplicable na empresa ou sociedade afectada, quedando inalterado o establecido neste convenio respecto do réxime salarial e a súa estructura.

6. En todo caso, o beneficio da inaplicación só se entende ata o remate do primeiro período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momento da solicitude. Os incrementos posteriores aplicaranse sobre o salario que correspondese de non se ter aplicado a desvinculación, e non sobre o salario desvinculado.

7. A comisión paritaria estenderá copia que dea fe da súa resolución, remitindo exemplares desta á representación da empresa, ós traballadores e traballadoras desta e os sindicatos que compareceron no trámite.

8. A comisión paritaria poderá estar asistida dos asesores que considere necesarios.

Artigo 20º.-Atrasos.

As empresas aboarán os atrasos correspondentes ó presente convenio coa mensualidade que corresponda, seguinte á sinatura do convenio.