Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 30 de outubro de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para o desenvolvemento dunha estratexia de comunicación audiovisual sobre a artesanía de Galicia. (Expediente 9/2001 DXPI).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 214, do martes, 6 de novembro de 2001, cómpre realiza-la corrección oportuna:

Na páxina 14.308, na columna da dereita, no punto onde di: «Solvencia: ... Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) do citado texto refundido, ...», debe dicir: «Solvencia: ...Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.b) e c) do citado texto refundido, ...».