Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Pena Buítre para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 90-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das ins

talacións do parque eólico Pena Buítre, coas seguintes características:

Peticionario: Turbinas Eólicas Magdalena, S.A., r/ Juan Montes, 3-1º dta., 27100 Lugo.

Situación: Foz, Mondoñedo, Barreiros e Lourenzá (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.638.800,00; 4.822.000,00), V(0.635.000,00; 4.822.000,00).

V(0.633.650,00; 4.820.500,00), V(0.635.000,00; 4.819.000,00).

V(0.638.800,00; 4.819.000,00).

Superficie afectada: 1.357,5 ha.

Potencia bruta: 18 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 23 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo