Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1333/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 27 de setembro do ano 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente por instancia de Ángel Freire Rodríguez en representación da Rede Nacional de Ferrocarriles Españoles (Renfe) o proxecto de compensación da zona 13 do SU-32 do PXOU de Ourense, significando á entidade promotora que o efectivo aboamento ó concello do aproveitamento urbanístico lucrativo monetarizado que lle corresponde (5.328.102 pesetas) deberá producirse antes do momento no que se inscriba no rexistro da pro

piedade o proxecto de compensación e se substitúan uns predios por outros.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días que comezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no art. 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de outubro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde