Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de información pública sobre estudio de detalle na rúa Pumariega-Miño.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 3-10-2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle dun terreo en solo urbano consolidado rúa Pumariega, 6 de Miño, presentado por Proleman, S.L. como propietario único e redactado polo arquitecto Celada Gómez, con data de visado do COAG do 10-9-2001, e sométese a información pública durante o prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no taboleiro de edictos do concello, DOG e un dos diarios de maior circulación da provincia, conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Faise público para xeral coñecemento, con indicación de que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a última publicación.

O expediente atópase á disposición do público na secretaría do concello.

Miño, 4 de outubro de 2001.

Deogracias Romeu López

Alcalde