Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servicio que se cita. (Expediente 302/2001).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 302/2001.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza de diversos centros da Universidade de Vigo (varios lotes). Categoría: 14. CPV: 74700000. b) Prazo de execución: 1 ano, a partir do 1-1-2002, segundo o indicado no prego. c) Lugar de execución: o correspondente á situación dos distintos centros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 181.800.000 pesetas (1.092.640,01 euros) (IVE incluído).

5. Garantías: provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Areal, nº 46, edificio anexo, 3º andar. c) Localidade e código postal: Vigo 36201 (Pontevedra). d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o sexto día anterior ó de remate do prazo de presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: a capacidade de obrar, a clasificación empresarial e a solvencia económico-financeira e técnica deberanse acreditar, segundo os casos, na forma e polos medios que se indiquen no prego de cláusulas.

a) Clasificación: lote 4 e 9: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

Lote 10: grupo III, subgrupo 6, categoría B.

b) Solvencia económico-financeira e técnica para os demais lotes: segundo o prego e de acordo co artigo 25.2º da Lei de contratos das administracións públicas, para os empresarios non españois da Comunidade Europea.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o día 21 de decembro de 2001. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Areal nº 46, edificio anexo, planta baixa, Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte ó da data de apertura de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo, r/ Areal, nº 46, 1º andar, Vigo 36201. Data: o día 26 de decembro de 2001. Hora: 13 horas.

10. Outras informacións: os criterios que se empregarán para a adxudicación do contrato son: prezo (60 puntos), calidade da oferta (20 puntos), control de calidade do servicio (10 puntos) e prezo/hora servicios especiais e por m (10 puntos), nos termos indicados no prego de cláusulas administrativas. As ofertas deben redactarse en castelán ou en galego. Só se poderán presentar ofertas individuais a cada lote.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 30 de outubro de 2001.

Vigo, 30 de outubro de 2001.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo