Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento das instalacións do Hospital de Conxo, Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e servicio de central de chamadas, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 45/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario, edificio B, planta 1ª, A Choupana, s/n. 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60, fax: 981 95 09 85.

2. Categoría do servicio e descrición: categoría 1. Servicio de mantemento das instalacións do Hospital de Conxo, Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e Servicio de Central de Chamadas.

Importe: 398.000.000 pesetas (trescentos noventa e oito millóns de pesetas), IVE incluído.

2.392.028,18 euros (dous millóns trescentos noventa e dous mil vinteoito euros, con dezaoito céntimos).

Clasificación:

Clasificación económica:

Grupo: III, subgrupo: 7, categoría: D.

3. Lugar de execución: o servicio desenvolverase no lugar ou lugares indicados na prescrición 1 do prego de prescricións técnicas.

4. a) Posibilidade de que, de acordo coas normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: ver pregos de prescricións técnicas.

b) Referencia a dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: ver pregos de prescricións técnicas.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver pregos de prescricións técnicas.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: licitación á totalidade do servicio.

6. De se-lo caso, prohibición de variantes: non se admite a presentación de variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: vintecatro meses, desde o 1 de decembro de 2001 ou data da formalización do contrato, se fose posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos establecidos no artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Contratación Administrativa. Hospital Clínico Universitario de Santiago, edificio B, planta 1ª, A Choupana, s/n. 15706

Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60, fax: 981 95 09 85.

b) Data límite de recepción de ofertas: 21-11-2001.

En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento de licitación: 7.960.000 pesetas (47.840,56 euros).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).

11. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: o pagamento formalizarase mediante pagamentos periódicos mensuais. Os prazos previstos no artigo 99 do TRLCAP computaranse a partir da entrega polo contratista da factura do servicio, unha vez producida a recepción ou conformidade do servicio por parte do órgano administrativo responsable.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

14. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia: segundo a cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen para a contratación deste servicio.

16. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

17. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 12 de xullo de 2001.

18. Data de envío do anuncio: 16-10-2001.

19. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela