Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de outubro de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00090-I-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado

a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 0182.5947.14.0200002630 do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00090-I-2001

Concesión

3328943324L145100492

Transportes La Unión, S.A.

O Puerto (Estación autobuses),s/n

360 Cambados (Santa Marina Dozo) Pontevedra

Co obxecto de comproba-lo adecuado funcionamento da estación de autobuses de Cambados (Pontevedra), procedeuse a realizar visita de inspección a esta data do 22 de xaneiro de 2001, resultando:-Compróbase que non existe a figura de xerente ou xefe de estación, así como tampouco persoal adscrito á empresa concesionaria que atenda os diversos servicios da estación.-Non existen os departamentos de información, facturación e consigna.-Carece do seguro a todo risco que cubra os inmobles e instalacións e medios complementarios da estación.-A estación carece dun rótulo de información xeral.-A empresa que ten arrendada a cafetería ocúpase da limpeza, apertura e peche da estación.

Os feitos descritos son constitutivos dunha infracción grave por incumprimento das condicións da concesión de explotación do servicio público da estación de autobuses de Cambados.

22-1-2001; 12.15

Artigos 183, 187 e 200 do R.D. 1211/1990Artigo 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990230.000 pesetas
PO-00580-I-2001

PO-2510-AF

A. INSP 44 y 74

Ángel Pino Domínguez

Moreira Perosa, s/n

360 Moreira-Ponteareas (Pontevedra)

Inspección ó transporte público discrecional de viaxeiros en vehículos de turismo, detéctase que o vehículo PO-2510-AF, realiza un transporte escolar carecendo da correspondente autorización para levar a cabo o dito servicio, servicio público

24-4-2001; 9.40.33

Artigo 89 da Lei 16/1987, artigo 105 do R.D. 1211/1990 e R.D. 2296/1983Artigo 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990100.000 pesetas