Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.438

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (647/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 647/2001 seguidos por instancia de Divina Pastora Delgado Rivero contra Confecciones Fada, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 11-10-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Divina Pastora Delgado Rivero, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Confecciones Fada, S.L. a que á súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 67.300 pesetas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que a data ascenden á cantidade de 345.724 pesetas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 647-2001 de Banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social Número Tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Asímesmo advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a sustanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestar os seus servicios á demandada, a menos que a mesma prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mandoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones

Fada, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 11 de outubro de 2001.

Secretario xudicial

Rubricado