Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.430

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as modificacións das listas definitivas para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo.

Mediante a Resolución do 22 de marzo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, fixéronse públicas no DOG nº 62, do 28 de marzo, as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, de conformidade co establecido na Resolución do 23 de febreiro de 2001 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro).

Con posterioridade e ó abeiro do previsto no punto cuarto da dita resolución presentáronse e resolvéronse recursos de alzada formulados por interesados que afectaron á súa orde de prelación ou inclusión, así como outros casos nos que se fixo necesario acudir á corrección de erros prevista no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Como consecuencia do anterior resulta necesaria a publicación conxunta das referidas listas para unha mellor información e xestión. Polo tanto, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas resultantes das modificacións efectuadas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes ás categorías 2 (ATS-DUE), 6 (educador/a profesor/a especial), 40 (mestre/a especialista en educación infantil) do grupo II, ás categorías 14 (xefe/a de cociña), 50 (técnico especialista en xardín de infancia), 54 (ETAR (encargado tarefas asistencia recu

peradora), 65 (oficial 1ª cociña/oficial 1ª cociñeiro/a e outros) do grupo III, ás categorías 3 (auxiliar de clínica/auxiliar sanitario e outros), 4 (auxiliar de fogar/coidador auxiliar e outros), 5 (oficial 2ª cociña/cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV, ás categorías 1 (camareiro/a limpador/a e outros), 3 (ordenanza/celador/a e outros), 11 (limpador/a e outros), 12 (peón) do grupo V; as ditas listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos, coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-A partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da exposición das listas definitivas, acudirase a estas listas especiais sempre que se trate de substitucións urxentes e imprescindibles para o bo funcionamento do servicio, de empregados públicos que se atopen nas situacións expresadas na base primeira da Resolución do 23 de febreiro de 2001 (DOG nº 40, do 26 de febreiro), tal e como se establece nela.

Cuarto.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación da presente resolución ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública