Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de outubro de 2001 pola que se modifica a autorización ó centro privado Ánxela da Coruña.

Examinado o expediente instruído a instancia de Ángeles Castro Mosteiro, titular do centro privado Ánxela da Coruña, solicitando autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de Estética persoal decorativa en quendas de mañá e de tarde-noite, así como poder imparti-lo ciclo formativo de grao medio de Perruquería en quendas de mañá e de tarde-noite.

Resultando que por Orde do 29 de maio de 2000 (DOG do 26 de xullo), se lle autorizou un ciclo formativo de grao medio de Perruquería (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, a proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Ánxela da Coruña, para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de Estética persoal decorativa en quendas de mañá e de tarde-noite.

Segundo.-Modifica-la autorización do ciclo formativo de grao medio de Perruquería para poder imparti-lo en quendas de mañá e de tarde-noite, así como establece-la ratio de 20 postos escolares/unidade, quedando a composición resultante do centro segundo se especifica no anexo.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: r/ Francisco Añón, 7 baixo.

Código do centro: 15025827.

Denominación: centro privado Ánxela.

Titular: Ángeles Castro Mosteiro.

Composición resultante:

Quendas de mañá e de tarde-noite:

Familia profesional: Imaxe persoal.

1 ciclo formativo de grao medio de Estética persoal decorativa (1 unidade, 20 postos escolares).

1 ciclo formativo de grao medio de Perruquería (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).