Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

EDICTO.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión celebrada o día 28 de setembro de 2001, por proposta do organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais (Oral), adoptou por unanimidade, entre outros acordos, o de aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión e recadación de recursos locais realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3º de Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra-Oral, o Concello de Tomiño, no que respecta á recadación executiva das multas de tráfico.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 8 de outubro de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado