O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 27 de setembro de 2001, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior 4 Barreiro-2 na parroquia de Lavadores, de iniciativa municipal, segundo o proxecto e planos redactados pola entidade mercantil Consultora Galega, S.L., e asinados polo arquitecto X. Carlos Portela Regodeveses.
Sométese este expediente ó tramite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio.
A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.
Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados
directamente afectados que, por resultar descoñecido ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados personalmente.
Vigo, 4 de outubro de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo