Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO de corrección de erro.

Publicado edicto no Diario Oficial de Galicia nº 210, de data 30 de outubro de 2001, sobre aprobación inicial do Plan especial do conxunto histórico de Tui (Pech), detectouse un erro na data da sesión plenaria de aprobación, sendo esta o 27 de setembro de 2001, e non o 27 de outubro, como se cita.

Polo tanto, publícase a dita corrección de erro de transcrición, facéndose constar que o prazo de exposición pública dun mes contará a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tui, 30 de outubro de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde