Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de outubro de 2001 pola que se aproba a transmisión da titularidade dun centro regulador de crustáceos sito na avenida Alfonso Molina da Coruña, da titularidade de Centros Comerciales Continente, S.A., a favor de Centros Comerciales Carrefour, S.A.

Vista a documentación presentada por Centros Comerciales Carrefour, S.A., na que comunica a absorción por fusión de Centros Comerciales Continente, S.A. e posterior cambio de denominación.

Tendo en conta que na escritura autorizada por Francisco Echavarri Lomo, notario de Madrid, o 26 de setembro de 2000, tivo lugar a fusión por absorción de Centros Comerciales Continente, S.A. por Centros Comerciales Pryca, S.A., quedando subrogada esta última en tódolos dereitos e obrigas da absorbida, así como o cambio de denominación da empresa resultante que pasa a ser Centros Comerciales Carrefour, S.A.

Vista a Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares ubicados na zona terrestre (DOG nº 142, do 24 de xullo).

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico e a proposta do servicio de Recursos Mariños,

RESOLVE:

Acceder ó solicitado outorgando á entidade Centros Comerciales Carrefour, S.A., con CIF A28425270, a titularidade do permiso de actividade do seguinte establecemento auxiliar de acuicultura:

Identificación:

Tipo: centro regulador de crustáceos.

Situación: avda. Alfonso Molina, s/n., 15005, A Coruña.

Especies autorizadas: Boi (Cancer pagurus), bogavante (Homarus gammarus), centola (Maja esquinado) e nécora (Macropipus puber).

Dominio público: non ocupa.

Dominio privado: 9,185 m.

Superficie de estabulación: 2 piscinas que fan un total de 3,20 m.

Titulo habilitante:

Orde de outorgamento: 12-1-2000 (DOG nº 38, do 24 de febreiro).

Remate da vixencia: 25-2-2010.

Actual titular: Centros Comerciales Continente, S.A. (CIF: A12017216).

Adquirente, por fusión e absorción de empresas: Centros Comerciales Carrefour, S.A.

O novo titular do permiso de actividade queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 11 de outubro de 2001.

P.D. (14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña