Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de outubro de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00012-S-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 0182.5947.14.0200002630 do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00012-S-2001

PO-3713-AU

Policía municipal

Gallegas Tres, S.L.

Gaiteiro de Soutelo, 5

361 Pontevedra

Realizar un transporte de mercadorías, dous vultos con prensa, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público.

12-1-2001; 11.20.05

Art. 90 da Lei 16/1987 e

art. 41 do R.D. 1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, art. 201

do R.D. 1211/1990

15.000 ptas.

90,15 euros

PO-00593-S-2001

PO-0512-BH

Policía municipal

Fernando Iglesias Seoane

Estr. de Vigo-Cabanas-Salcedo, 37

36143 Pontevedra

Realizar un transporte de mercadorías, carecendo da correspondente autorización de transportes. Tarxeta de transportes. Servicio público.

13-1-2001; 11.10.10

Art. 103 da Lei 16/1987 e art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei

16/1987, art. 201

do R.D. 1211/1990

15.000 ptas.

90,15 euros