Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave PO/01/96.1 e dúas máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída a cartografía da obra acondicionamento da estrada PO-226 (antiga EP-0501) Cuntis-Porráns.

Clave: PO/01/96.1.

Orzamento: dezanove millóns novecentas setenta mil duascentas corenta e sete (19.970.247) pesetas, equivalentes a (120.023,60 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado, construcción e impacto ambiental incluída a cartografía da obra variante da estrada C-531 no treito Cortegada-Filgueira, nova ponte sobre o río Miño.

Clave: OU/01/95.1.

Orzamento: corenta e un millóns duascentas vintedúas mil oitocentas oitenta e cinco (41.222.885) pesetas, equivalentes a (247.754,53 euros).

Prazo de execución: 22 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase, de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

3. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental incluída a cartografía da obra terceira rolda (rolda leste) e rolda sur de Lugo.

Clave: LU/01/84.1.

Orzamento: vintecinco millóns oitocentas corenta e tres mil oitocentas corenta e nove (25.843.849) pesetas, equivalentes a (155.324,66 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme ó disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, poderanse obte-los pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21. Teléfono 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda