Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.348

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de novembro de 2001 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

Convocado proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, por Orde do 28 de agosto de 2001, publicada no DOG nº 170, do 3 de setembro, de conformidade co establecido na base III.I da devandita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-A composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, será a seguinte:

Titulares:

Presidente: Javier Suárez García, director xeral-xefe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Vocais:

-José Luis Meilán Gil, catedrático de dereito administrativo da Universidade da Coruña.

-Pablo Ángel Sande García, maxistrado da sala do civil e penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

-José Mª Pita Ponte, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Susana Loreta Benedetti Corzo, asesora xurídica da Consellería de Economía e Facenda.

Suplentes:

Presidente: José Vicente Alvariño Alejandro, xefe do Gabinete de Asuntos Constitucionais e Defensa Xurisdiccional.

Vocais:

-Ángel Rebolledo Varela, catedrático de dereito civil da Universidade de Santiago de Compostela.

-Juan Carlos Trillo Alonso, maxistrado da sala do civil e penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

-José Abelardo Blanco Serrano, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Mª Jesús Novoa Suárez, letrada da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Segundo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública