Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data do 10-10-2001, o estudio de detalle para a ordenación de volumes no carril das Hortas, 5-7-9, solicitado por Construcciones Neira Pérez, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda Muralla, número

197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 19 de outubro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1999)

Tenente alcalde delegado de Área