Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data do 10-10-2001, o estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación norte número 13, do PXOU vixente, (rúa Acacia, Camiño Pipín e rúas das Fontes), solicitado por Manuel Vázquez Pedrouzo en representación de Construcciones Pedrouzo, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda Muralla, número 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 19 de outubro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1999)

Tenente alcalde delegado de Área