Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.214

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (código 2700515), asinado o día 20 de agosto de 2001, pola representación da Asociación de

Transporte de Viaxeiros e das centrais sindicais UGT (52,2%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 12 de setembro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de transporte de viaxeiros

por estrada da provincia de Lugo

(2001-2002)

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio obrigan a totalidade das empresas e traballadores adicadas á actividades do transporte de viaxeiros por estrada de Lugo, así como o persoal que, en adiante, forme parte dos cadros de persoal delas.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais entre as empresas adicadas ó transporte de viaxeiros na provincia de Lugo e o persoal que nas mesmas preste os seus servicios, quedando excluídos das diposicións deste convenio as persoas que desempeñan cargos de alta dirección a que se refire o vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ambito territorial.

O presente convenio afecta a Lugo e provincia así como ós centros de traballo situados nela, aínda que as empresas tiveran o seu domicilio social en provincia distinta.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia do presente convenio colectivo será desde 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2002.

Artigo 5º.-Denuncia.

Rematada a vixencia do presente convenio colectivo, enténdese o mesmo automaticamente denunciado, sen necesidade de formalidade ningunha, manténdose a vixencia dos seus contidos normativos ata a sinatura doutro que os substitúa.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

En caso de nulidade parcial por modificación de calquera das condicións, quedará na súa totalidade, sen eficacia práctica, negociándose todo o seu contido, quedando entrementes vixente o anterior convenio.

Artigo 7º.-Absorción e compensación.

Tódalas melloras contidas neste convenio, teñen o caracter de minimas, dentro das condicións pactadas, respectándose as condicións que impliquen para o traballador condicions máis beneficiosas que as convidas, manténdose ad personan en canto excedan das pactadas.

En ningún caso serán absorbibles polas melloras estipuladas neste convenio os suplidos por gastos que as empresas viñan satisfacendo ós/ás seus/súas traballadores/as.

Artigo 8º.-Lexislación supletoria.

Tódolos aspectos que non estean desenvoltos no presente convenio colectivo ateranse ó disposto no Estatuto dos traballadores, Real decreto 1561/1995, convenio da OIT nº 153, regulado pola CEE nº 3820/1985 e 3821/1985, como norma supletoria e demais disposicións legais de xeral aplicación. A ordenanza laboral de transporte por estrada, asumirase como corpo do convenio, podendo ser modificados estes aspectos só se se acorda entre as partes en convenios posteriores.

Artigo 9º.-Xornada de traballo para o persoal de movemento.

A xornada ordinaria de traballo, será de 1.800 horas anuais, en cómputo trimestral de 450 horas, considerándose como horas extraordinarias as que excedan da dita xornada; respectándose, en todo caso, a normativa vixente en materia de conducción.

O tempo total de conducción non poderá exceder de nove horas diarias, agás dúas veces por semana, que poden chegar a dez horas, sendo de aplicación os regulamentos da CEE 3820/1985 e 3821/1985, así como o Real decreto 1561/1995.

Descanso diario: once horas consecutivas, non obstante, pode reducirse o descanso diario de once a nove horas, tres veces por semana, pero á semana seguinte haberá de compensa-lo descanso non tomado. Tamén o descanso de once horas se pode substituír por un descanso tomado en dous ou tres períodos durante as vintecatro horas, sendo un dos períodos, como mínimo, de oito horas, entón o descanso diario pasa a doce horas.

Nos transportes interurbanos, ningún traballador poderá conducir de maneira ininterrompida máis de catro horas sen facer unha pausa, salvo que a conducción de media hora máis permita a chegada ó punto de destino.

A duración mínima da pausa será de corenta e cinco minutos, sendo susceptibles de fraccionamento ó longo do tempo de conducción

O posible exceso de horas de traballo efectivo no cómputo inferior ó trimestre poderá compensarse co tempo de descanso non tendo a consideración de extraordinarias sempre que non excedan da xornada establecida en cómputo trimestral.

Artigo 10º.-Definición do tempo traballo.

1. Para o persoal en movemento.

a) Traballo efectivo:

-A conducción durante a circulación do vehículo.

-Os traballos auxiliares que fagan en relación co vehículo, os viaxeiros ou a súa carga.

b) Tempo de presencia.

Será tempo de presencia aquel período de xornada no que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa, tanto nos locais como no vehículo.

Terán a consideración de tempo de presencia as gardas, reténs, espectativas, avarías (sempre que non participe de forma efectiva e material), esperas, comidas en ruta e outras similares nas que o/a traballador/ra, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa.

O tempo de presencia non excederá de 40 horas bisemanais.

As horas de presencia non se computarán para efectos de horas extraordinarias, sen prexuízo de que a súa remuneración sexa de igual cuantía que as horas ordinarias. Poderán, nembargantes, computarse para efectos de xornada cando se realicen menos horas de traballo efectivo que as legalmente autorizadas, neste caso poderán ser computadas para efectos de completa-la xornada.

c) Tempo de espera.

Terá a consideración de tempo de espera aquel no que o traballador non está suxeito á vixilancia do vehículo, nas localidades que non sexan principio e fin de traxecto.

Computarase o 50% e aboarase como o tempo de presencia. Considerarase que o traballador non está suxeito a vixilancia do vehículo, cando poida dispoñer libremente do seu tempo por non estar á disposición de empresa.

As esperas en localidades de principio ou fin de traxecto, fóra da residencia do traballador ou do lugar da súa toma habitual do servicio, non computará para efectos de xornada, nin como traballo efectivo, nin como tempo de presencia.

2. Para o resto do persoal.

O tempo de traballo computarase de xeito que tanto ó comezo como ó remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Descanso semanal e festivo.

Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrompido; que por acordo ou pacto entre empresa e traballadores poderán acumularse mensualmente.

As festas laborais que terán caracter retribuído e non recuperable serán de catorce ó ano, das cales dúas serán locais, os traballadores que por calquera razón teñan que traballar nun destes 14 días, recibiran unha compensación de duascentas pesetas por cada día traballado, sen que isto supoña ningunha perda dos restantes dereitos que teña por traballar un día festivo.

Cando excepcionalmente e por razons técnicas ou organizativas, non se puidera desfrutar do día de festa correspondente ou, se é o caso, do descanso semnal, a empresa, poderá optar entre proporcionar un descanso compensatorio ó traballador dentro dos 30 días seguintes, ou aboarlle os salarios correspondentes cun incremento do 75%.

Todos aqueles traballadores que traballen a quendas, con descansos rotativos de dous días, terán que coincidir un deles en domingo, como mínimo unha vez ó mes, en cómputo bimensual.

Artigo 12º.-Vacacións.

Os/as traballadores/as afectados por este convenio colectivo desfrutarán de 30 días naturais de vacacións, dentro do ano natural, sen distinción de antigüidade ou categoría profesional, de acordo coa normativa laboral vixente. O seu desfrute non se poderá iniciar en días nin de descanso semanal nin en días festivos.

Para os/as traballadores/as que ingresen ou rematen o seu contrato no transcurso de ano, ratearanse os días de vacacións en función do tempo de prestación de servicios.

As empresas e os representantes legais dos traballadores/as, en ausencia destes/as os/as propios/as traballadores/as, procurarán pactar un calendario de vacaciós nos tres primeiros meses do ano.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

O/a traballador/a, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por alguns dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de casamento.

b) Tres días nos casos de nacemento dun fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consaguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento por tal efecto o prazo será de cinco días.

c) Un día por casamento de pais ou fillos do traballador

d) Un día por traslado do domicilio habitual

e) Polo tempo indispensable para o comprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, coas peculiaridades que establece o Estatuto dos traballadores e demais disposicións de aplicación.

f) dous días de asuntos propios con obrigatoriedade de comunicarllo á empresa con 48 horas de antelación

Artigo 14º.-Formación profesional.

De xeito unánime vense recoñecendo á formación profesional continua dos/as traballadores/as ocupados, un valor estratéxico para mellora-la competitividade das empresas, por todo iso, e en cumprimento e desenvolvemento do Acordo Nacional da Formación Continua, subscrito o 16 de decembro de 1992, as partes acordan:

Creación dunha comisión mixta paritaria no ámbito contractual, para a aplicación, seguimento e desenvolvemento do acordo mencionado anteriormente. A vixencia desta comisión será a da vixencia do acordo.

As súas funcións serán:

a) A promoción de plans, organización, xestión, distribución de fondos ou, se é o caso, execución das accións formativas e xustificación das mesmas, así como a regulación e concesión de permisos para a formación, previstos no texto do acordo nacional.

b) Calquera outra función que as partes acorden por unanimidade.

-No prazo dun mes, desde a sinatura do convenio, deberase constitui-la citada comisión, dotándose das súas propias normas de funcionamento.

-De acordo co previsto na disposición derradeira primeira do acordo nacional sobre formación continua, procédese á súa inserción como anexo ó presente convenio colectivo.

Artigo 15º.-Permiso de conducir.

Os/as conductores/as a quen, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa por orde e conta da mesma se lles retire o seu permiso de conducción por tempo non superior a 182 días, acoplaranse durante este tempo a outro traballo aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgúns dos servicios de que dispoña a empresa e seguirá percibindo o salario que lle corresponda á súa categoría.

O disposto no presente artigo non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os conductores que se viran privados do permiso de conducir como consecuencia do consumo de drogas ou a inxestión de bebidas alcohólicas, no exceso sobre o permitido pola lei.

Artigo 16º.-Compensación no caso de baixa.

As empresas completarán a diferencia entre a compensación percibida con cargo á Seguridade Social por incapacidad laboral transitoria, e o salario base deste convenio cando aquela estea motivada por accidente de traballo con hospitalización; no caso de non producirse hospitalización, o complemento citado aboarase cun máximo de 70 días.

No caso de baixa por enfermedad común, as empresas completarán a diferencia entre a compensación percibida e o 85% do salario.

Artigo 17º.-Poliza de seguros.

As empresas comprendidas no ámbito funcional deste convenio concertarán as seguintes pólizas:

a) Persoal de movemento.

Para estes traballadores, rexerá a póliza de seguros que establece a lei e o regulamento do seguro obrigatorio de viaxeiros, sendo a contía dela, en caso de morte 6.000.000 de pesetas e de 7.000.000 de pesetas no caso de invalidez permanente, nos supostos de accidente producidos no autocar.

b) Resto do persoal.

Exclusivamente para o persoal de non movemento, contratarase unha póliza de seguros cunha entidadade aseguradora que cubra a contía de 2.500.000 pesetas en caso de morte por accidente laboral e de 3.500.000 pesetas no caso de invalidez permanente absoluta, derivada así mesmo de accidente laboral.

Artigo 18º.-Gastos de traslado por falecemento en accidente de traballo ou incapacidade do traballador.

No caso de que un traballador, en comisión de servicio fóra da súa residencia habitual, morra ou quede imposibilitado para volver á súa residencia, a empresa farase cargo do traslado ata o seu domicilio acompañado de dous familiares, no caso de que estes gastos non estivesen cubertos por un seguro ou foran imputable a terceiros.

Artigo 19º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores que, con dez anos de antigüidade como mínimo na empresa, decidan voluntariamente xubilarse, de forma adiantada, sempre e cando exista acordo entre ambos, percibirán unha gratificación mínima consistente nas contías seguintes:

Ano 2001 Ano 2002

Ós 60 anos de idade 1.361.869 pesetas8.382,86 euros

Ós 61 anos de idade 1.136.647 pesetas7.002,17 euros

Ós 62 anos de idade 927.229 pesetas5.712,08 euros

Ós 63 anos de idade 825.814 pesetas5.087,32 euros

A solicitude deberá efectuala o traballador cun mes de antelación ó cumprimento da idade na que pretende acollerse a estes beneficios.

A xubilación será forzosa ó cumpri-lo traballador os 65 anos sen excepción, sempre que reúna os requisitos esixidos pola Seguridad Social sobre períodos de carencia, en atención ás melloras e condicións pactadas neste convenio.

Sempre que exista acordo previo e para cada caso concreto, entre empresa e traballador, este poderá acollerse á xubilación anticipada ós 64 anos que regula o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 20º.-Servicio militar.

Cando un traballador teña que incorporarse para cumpri-lo servicio militar obrigatorio, a contía que a empresa haberá de aboarlle en concepto de paga de beneficios e 50% das pagas de xullo e Nadal, correspondente ó período do servicio militar, será de 156.056 pesetas para o ano 2001 e de 961,36 euros para o ano 2002, e que lle será feita efectiva pola empresa no momento de se incorporar a filas.

Artigo 21º.-Maternidade.

Excedencia: os/as traballadores/as terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, a contar desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá remate ó que se viñera desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Durante o primeiro ano, desde o comezo de cada situación de excedencia, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo e a que o dito período lle sexa computado para efectos de antigüidade. Rematado este, e ata a finalización do período de excedencia, serán de aplicación, salvo pacto colectivo ou individual en contra, as normas que regulan a excedencia voluntaria.

Suspensión: no suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, ampliable por parto múltiple ata 18 semanas. O período de suspensión distribuirase á opción da interesada, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, podendo facer uso destas o pai para o coidado do fillo, no caso de falecemento da nai.

No non previsto rexerá o disposto no artigo 48.4º do Estatuto dos traballadores e a Lei 39/1999, do 5 de novembro, en canto ó seu contido que modifique normas de carácter laboral.

Lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións.

A muller, pola súa vontade poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que ámbolos dous traballen.

Artigo 22º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa.

1. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó computo da antigüidade da súa vixencia, concederase:

a) Pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

b) A quen ostente cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal nas organizacións sindicais máis representativas, que así mesmo imposibiliten a asistencia ó traballo.

O reigreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical.

2. O/A traballador/a cunha antigüidade dun ano, polo menos, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo/a mesmo/a traballador/a se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O/a traballador/a excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

Artigo 23º.-Viaxes para xubilados.

O persoal xubilado polas empresas deste convenio terá dereito a oito viaxes ó ano, incluído o seu cónxuxe, nos servicios da empresa na que prestase os seus servicios no momento da súa xubilación. Para tal efecto, as empresas afectadas extenderán os correspondentes pases ós beneficiarios que os soliciten.

Artigo 24º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas, á parte do uniforme que entregarán ós seus traballadores/as, entregarán especialmente ó persoal de taller as seguintes pezas de roupa ó ano cómo mínimo: dúas fundas e calzado adecuado cando o traballo o requira. Os/as conductores/as que realicen viaxes interurbanas percibirán unha funda

ó ano. As empresas entregarán ademais anualmente uniforme de verán e de inverno para todo o persoal.

Artigo 25º.-Salarios.

Para o ano 2001 establécese unha suba en tódolos conceptos, tanto salariais como extrasalariais, equivalente ó 3,5%.

-Para o ano 2002, establécese unha suba para tódolos conceptos, tanto salariais como extrasalariais, equivalente ó 3,5%.

Artigo 26º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC (índice de prezos ó consumo) establecido polo INE, rexistrase ó 31 de decembro de 2001, un incremento superior ó 3,5%, reunirase a comisión mixta paritaria do convenio. Esta comisión fixará unha cantidade que se aboará a tódolos traballadores no mes de marzo. O cálculo desta cantidade para cada un dos traballadores afectados polo presente convenio non podera ser en ningún caso inferior ó incremento anual que supoña a diferencia entre o IPC establecido polo INE a 31-12-2001 e o incremento do 3,5 % pactado neste convenio, e tomando como base o salario dun conductor cunha antigüidade do 40%.

No caso de que o IPC (índice de prezos ó consumo) establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 2002 un incremento superior ó 3,5%, realizarase a mesma operación que no ano anterior.

Artigo 27º.-Antigüidade.

Os traballadores, en función do tempo de permanencia na empresa, teñen dereito a unha promoción económica nos termos seguintes:

Con 2 anos, o 5% do salario base.

Con 4 anos, o 10% do salario base.

Con 9 anos, o 20% do salario base.

Con 14 anos, o 25% do salario base.

Con 15 anos, o 30% do salario base.

Con 19 anos, o 40% do salario base.

Con 24 anos, o 50% do salario base.

Con 29 anos ou máis, o 60% do salario base.

Todo isto enténdese sen prexuízo dos dereitos adquiridos.

Artigo 28º.-Pagas extraordinarias.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a tres pagas extraordinarias de participación en beneficios, xullo e Nadal.

O importe de cada unha delas será o correspondente a unha mensualidade equivalente a 30 días de salario máis antigüidade e aboarase respectivamente na segunda decena dos meses de marzo, xullo e decembro, salvo pacto en contrario.

Artigo 29º.-Horas extraordinarias.

Tendo en conta a existencia dun gran número de traballadores en paro tenderase á eliminación das horas extraordinarias. Así mesmo, as empresas terán que respectar escrupulosamente os topes existentes marcados pola lei, e o seu aboamento será segundo lei; en ningún caso o incremento será inferior ó 75%

sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria.

Artigo 30º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá salvo que o salario se establecerá atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada, polo mínimo en un 25% sobre o salario base, proporcionalemnte ó tempo traballado.

Artigo 31º.-Conductor-perceptor.

O conductor-perceptor cando desempeñe simultáneamente as funcións de conductor e cobrador percibirá ademais da remuneración correspondentes á súa categoría, un complemento salarial dun 20% máis sobre o seu salario base por cada día que realice ambas funcións.

O cobramento do referido 20% terá dereito o conductor-perceptor en razón ó tempo desenvolto no exercicio da súa función como tal conductor-perceptor; a distribución de tempo será facultativa pola empresa.

A empresa que non desexe que o conductor-perceptor efectúe as funcións de cobranza, poderá establecer a fórmula para aplicar, entón non percibirá a retribución por tal función.

Artigo 32º.-Complemento de presencia.

Dada a dificultade de determina-las horas de presencia, no caso individual, as partes acordan un pagamento global das mesmas de 11.500 pesetas mensuais para o ano 2001 e de 72,12 euros para o ano 2002, sempre e cando, sumando as horas efectivas, tempo de presencia e tempo de espera, supere a xornada laboral establecida, coa realización de horas de presencia e de espera, entendendo que ó supera-la xornada laboral con horas efectivas dará lugar ó pagamento das correspondentes horas estructurais ou extraordinarias. Este complemento non se aboará durante as vacacións e durante os períodos de baixa por enfermedade ou accidente, a excepción dos casos nos que a baixa sexa a consecuencia de accidente producido durante o tempo de traballo efectivo, presencia ou espera.

Artigo 33º.-Complemento de transporte.

Establécese con carácter extrasalarial un complemento de transporte para tódolos traballadores, consistente en 4.500 pesetas ó mes para o ano 2001 e en 30,05 euros ó mes para o ano 2002.

Artigo 34º.-Axudas de custo.

Dará dereito ó percibo da axuda de custo completa a realización dun servicio que obrigue o traballador a comer, cear e pernoctar fóra da súa residencia habitual.

A parte de axuda de custo correspondente á cea percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectuala fóra da súa residencia habitual, ou, en todo caso, cando o productor saia antes das 20 horas e regrese despois das 22 horas.

A parte da axuda de custo correspondente ó xantar percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectualo fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o productor saia antes das 12 e retorne despois das 14 horas. A parte da axuda de custo correspondente á pernoctación percibirase cando o servicio realizado obrigue a pernoctar fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o regreso se efectúe despois das cero horas.

As axudas de custo para satisfacer polo persoal que se despraza do seu lugar de residencia habitual por necesidade do servicio serán as seguintes:

Servicios regulares: axuda de custo completa, 4.220 pesetas para o ano 2001 e 27,87 euros para o ano 2002, desagregadas da seguinte maneira:

Ano 2001Ano 2002

Comida 1.290 pesetas8,05 euros

Cea 1.290 pesetas8,05 euros

Pernoctación1.640 pesetas10,22 euros

Servicios discreccionais: axuda de custo completa, para todo o territorio estatal e Portugal 7.300 pesetas para o ano 2001 e 45,98 euros para o ano 2002, desagregadas da forma seguinte:

Ano 2001Ano 2002

Comida 2.150 pesetas13,37 euros

Cea 2.150 pesetas13,37 euros

Pernoctación3.000 pesetas19,23 euros

Para o estranxeiro, excepto Portugal, a axuda de custo completa será de 10.000 pesetas para o ano 2001 e de 62,2 euros para o ano 2002.

Artigo 35º.-Quebranto de moeda.

Establécese en 2.970 pesetas, para o ano 2001 e en 18,48 euros para o ano 2002, para todo o persoal que teña que manexar fondos ata 250.000 pesetas ó mes e en 3.385 pesetas para o ano 2001 e en 21,05 euros para o ano 2002 para o persoal que manexe fondos desde 250.001 pesetas ó mes.

Artigo 36º.-Atrasos de convenio.

Como queira que o presente convenio para efectos económicos se retrotrae ó día 1 de xaneiro de 2001, os atrasos serán aboados polas empresas nun prazo máximo de 60 días a partir da sinatura deste acordo,ou ós 30 días da publicación con BOP ou DOG, sexa cal sexa a máis beneficiosa para o traballador.

Artigo 37º.-Seccións sindicais e delegados de persoal.

a) As partes asinantes deste convenio colectivo ratifican a súa condición de interlocutores válidos e recoñécense, así mesmo, como tales en orde a instrumentar a través das súas organizacións unhas relacións laborais baseadas no respeto mutuo e tendentes a facilita-la resolución de cantos conflictos e problemas xurdan nas empresas do sector

b) Os representantes sindicais poderán no ambito da empresa ou do centro de traballo :

-Celebrar reunións previa notificación ó empresario, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturba-la a actividade normal da empresa

-Recibi-la información que lle remita o seu sindicato.

c) Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que poidan interesar ós afiliados e ós traballadores en xeral, a empresa poñerá á súa disposición no taboleiro de anuncios que se deberá situar dentro do centro de traballo nun lugar onde se garanta un axeitado acceso a el dos/as traballadores/as.

d) Quen ostente cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal, nas organizacións sindicais máis representativas, terá dereito a desfrutar dos permisos non retribuídos precisos para o desenvolvemento das función sindical propias do seu cargo podéndose establecer por acordo limitación ó desfrute dos mesmos en funciòn das necesidades do proceso productivo.

Artigo 38º.-Control da contratación.

Estarase ó disposto na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, dos dereitos de información dos representates legais dos traballadores en materia de contratación.

Artigo 39º.-Competencia dos membros do comité de empresa e delegados de personal.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis vixentes, recoñécese ós representantes dos traballadores o dereito a ser informados pola dirección da empresa de:

1. Todos aqueles problemas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral.

Así mesmo, serán informados e oídos por la empresa con carácter previo nos seguiente casos:

-Reestructuracións do cadro de persoal.

-Peches totais ou parciais definitivos ou temporais.

-Translado de empresa total ou parcial.

-Implantación ou revisión de sistemas de organización de traballo.

-Fusión, absorción ou modificación do estatus xurídico da empresa.

-Sancións impostas a traballadores.

2. Toda a información facilitada polas partes entenderase como materia reservada e veranse obrigadas a gardar sixilo profesional.

Artigo 40º.-Acumulación de crédito horario.

O crédito horario retribuído, do que gozan os delegados de persoal ou membros do comité de empresa dunha mesma empresa, poderán acumularse nun ou varios deles, sempre que pertenzan a mesma central sindical, aínda que iso permita liberar a sua actividade laboral, total o parcialmente, a calquera deles.

O acordo de acumulación e a designación da persoa ou persoas a que se lles van aplica-las horas retribuidas, as comunicará polo responsable do sindicato baixo as listas ou siglas nasque foron elexidos os representantes dos traballadores que desexan acumula-las súas horas.

Artigo 41º.-Comisión paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixila-lo seu comprimento ou exerce-las funcións de arbitraxe nos problemas ou funcións suscitados coma consecuencia da aplicación do mesmo, noméase unha comisión paritaria, formada polas centrales sindicais e a organización empresarial asinantes do presente convenio, en número de cinco por cada unha das partes.

A comisión paritaria reunirase, por petición de calquera das partes, nun prazo máximo de dez días.

As funcións ou actividades da comisión mixta paritaria serán previas, pero en ningún caso obstruirán a competencia da xurisdicción laboral.

Artigo 42º.-Contratos de duración determinada.

Os contratos de duración determinada, regulados no artigo 15 b) do Estatuto dos traballadores, por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, poderán ter unha duración máxima de 10 meses, dentro dun período de 12 meses.

Artigo 43º.-Reconocimento médico.

Os traballadores terán dereito a realizar un recoñecemento médico ó ano que correrá a cargo da empresa. Os conductores poderán realizalo cada oito meses.

Disposicións adicionais

Primeira.-Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciales de solución dos Conflictos Colectivos de Traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG as partes asinantes deste convenio durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio manifestan o seu interese en formaliza-la negociación do convenio galego do transporte de viaxeiros para o ano seguinte.

ANEXO

Convenio transportes viáxeiros

Táboas salariais 2001 (pesetas)

CategoríasSalario mes/díaSalario anual

* Grupo I
Xefe de servicio162.5722.438.580
Inspector principal142.2822.134.230
Enxeñeiro e licenciado149.2602.238.900
Enxeñeiro técnico e auxiliar114.3901.715.850
ATS104.6641.569.960

* Grupo II
Xefe de sección118.6111.779.165
Xefe de negociado110.1541.652.310
Oficial de 1ª103.2051.548.075
Oficial de 2ª97.9841.469.760
Auxiliar administrativo97.2981.459.470
Aspirante 16-17 anosSMI

CategoríasSalario mes/díaSalario anual

* Grupo III
Xefe de estación de 1ª122.8411.842.615
Xefe de estación de 2ª117.2031.758.045
Xefe de administración de 1ª123.1671.847.505
Xefe de administración de 2ª117.2041.758.060
Xefe de administración en ruta112.0881.681.320
Vendedor de billetes94.9341.424.010
Factor3.2111.461.068
Encargado de consigna94.9341.424.010
Repartidor de mercadorías3.1451.431.084
Mozo3.1451.431.084
Xefe de tráfico de 1ª123.8921.858.380
Xefe de trafico de 2ª117.2041.758.060
Xefe de trafico de 3ª111.5631.673.445
Inspector3.5291.605.930
Conductor3.4671.577.523
Conductor-perceptor3.4671.577.523
Cobrador3.1681.441.370
Encargado xeral de 1ª122.8411.842.615
Encargado de 2ª117.2041.758.060
Encargado de almacén111.5651.673.475
Engraxador lavacoches3.1451.431.084
Garda de noite3.1451.431.084
Garda de día3.1451.431.084
Mozo3.1451.431.084
Encargado de 1ª122.8411.842.615
Encargado de 2ª117.2041.758.060
Engraxador3.1451.431.084
Mozo de servicio3.1451.431.084

* Grupo IV
Xefe de taller128.3331.924.995
Encargado contramestre109.9431.649.145
Encargado de almacén102.0221.530.330
Xefe de equipo3.6671.668.619
Encargado xeral107.3991.610.985
Oficial de 1ª conductor mecánico3.5291.605.930
Oficial de 2ª3.3471.523.160
Oficial de 3ª3.2141.462.429
Mozo taller3.1451.431.084
Aprendiz 1º, 2º, 3º e 4º anoSMI

* Grupo V
Cobrador facturas94.2571.413.855
Telefonista94.2571.413.855
Porteiro94.2571.413.855
Vixilante94.2571.413.855
Recepcionista3.1681.441.370
Limpadoras (ptas./hora)443
Mozos dos recados 16-17 anosSMI

Táboas salariais 2002 (euros)

CategoríasSalario mes/díaSalario anual

* Grupo I
Xefe de servicio1.011,2715.169,12
Inspector principal885,0613.275,94
Enxeñeiro e licenciado928,4713.927,01
Enxeñeiro técnico e auxiliar711,5610.673,43
ATS651,069.765,88

* Grupo II
Xefe de sección737,8111.067,22
Xefe de negociado685,2110.278,12
Oficial de 1ª641,989.629,75
Oficial de 2ª609,509.142,57
Auxiliar administrativo605,249.078,56
Aspirante 16-17 anosSMI

* Grupo III
Xefe de estación de 1ª764,1311.461,90
Xefe de estación de 2ª729,0610.935,87
Xefe de administración de 1ª766,1611.492,37
Xefe de administración de 2ª729,0610.935,96
Xefe de administración en ruta697,2410.458,60
Vendedor de billetes590,548.858,05
Factor19,979.088,54
Encargado de consigna590,548.858,05
Repartidor de mercadorías19,568.902,02
Mozo19,568.902,02

CategoríasSalario mes/díaSalario anual

Xefe de tráfico de 1ª770,6711.559,99
Xefe de tráfico de 2ª729,0610.935,96
Xefe de tráfico de 3ª693,9810.409,65
Inspector21,959.989,65
Conductor21,569.812,94
Conductor-perceptor21,569.812,94
Cobrador19,718.966,01
Encargado xeral de 1ª764,1311.461,90
Encargado de 2ª729,0610.935,96
Encargado de almacén693,9910.409,85
Engraxador lavacoches19,568.902,02
Garda de noite19,568.902,02
Garda de día19,568.902,02
Mozo19,568.902,02
Encargado de 1ª764,1311.461,90
Encargado de 2ª729,0610.935,96
Engraxador19,568.902,02
Mozo de servicio19,568.902,02

* Grupo IV
Xefe de taller798,2911.974,41
Encargado contramestre683,9010.258,47
Encargado de almacén634,639.519,40
Xefe de equipo22,8110.379,61
Encargado xeral668,0710.021,10
Oficial de 1ª conductor mecánico21,959.989,65
Oficial de 2ª20,829.474,78
Oficial de 3ª19,999.097
Mozo de taller19,568.902,02
Aprendiz 1º, 2º, 3º e 4º anoSMI

* Grupo V
Cobrador facturas586,328.794,85
Telefonista586,328.794,85
Porteiro586,328.794,85
Vixilante586,328.794,85
Recepcionista19,718.966,01
Limpadoras (euros/hora)2,76
Mozos dos recados 16-17 anosSMI