Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.214

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001032/2001, contra a Orde do 7 de maio de 2001 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Resolución do 10 de maio de 2001 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 01 /0001032 /2001, interposto contra a Orde do 7 de maio de 2001 e a Resolución do 10 de maio de 2001, polas que se regula o acceso e admisión a ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta mesma data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido tribunal. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte en autos na Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 (nove) días contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria