Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno na sesión do día 1 de outubro de 2001, aprobou inicialmente o Plan especial de ordenación do parque público de Belvís (PU-5), promovido polo Concello de Santiago de Compostela.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expe

diente nas oficinas de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo