Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle reformado para a ordenación dos volumes edificables entre as rúas Condesa de Pardo Bazán, Arcebispo Malvar e Xan Guillermo.

A Comisión de Goberno, en sesión do 1 de outubro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter inicial, ó texto do estudio de detalle resultante daquel inicialmente aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 22-6-1998 e sometido a información públi

ca, formulado mediante iniciativa particular por Promociones Inmobiliarias Ramírez, S.L. para a ordenación dos volumes e soluciona-las medianeiras existentes do soar situado entre as rúas Condesa de Pardo Bazán, Arcebispo Malvar e Xan Guillermo, propoñendo a actuación para realizar en tal soar e os de número 3, 5 e 7 da rúa Xan Guillermo, sendo este instrumento urbanístico reformado do anterior redactado polo arquitecto Gustavo Pérez Álvarez, visado pola delegación do COAG en Pontevedra, con data do 16-5-2001, que anula o documento anterior ó recolle-la correcta delimitación dos terreos de propiedade da promotora que integran o ámbito espacial do estudio de detalle.

Segundo.-Dispoñe-lo sometemento a información pública do presente estudio de detalle, durante un prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no taboleiro de edictos da Casa do Concello, un dos xornais de maior circulación provincial, BOP e Diario Oficial de Galicia, computándose tal período desde esta última publicación, con notificación persoal ás persoas e entidades interesadas no procedemento.

Terceiro.-Reiterar á entidade promotora o cumprimento do punto cuarto do acordo do 22 de xuño de 1998, sobre a ratificación e solemnización do aproveitamento de cesión ó concello, segundo as determinacións do catálogo de edificacións en vigor.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos), e formula-las alegacións e xustificacións que coide procedentes.

Pontevedra, 15 outubro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente