Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de reciclaxe, clasificación, almacenamento e comercialización de materiais sólidos inertes da construcción e demolición en Ponte Caldelas (Pontevedra) e promovido por Areco (Áridos Ecológicos Sociedad Unipersonal).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de reciclaxe, clasificación, almacenamento e comercialización de materiais sólidos inertes da construcción e demolición en Ponte Caldelas.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

-Concello de Ponte Caldelas.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte

día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental