Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental do 4 de outubro de 2001 do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU do municipio de Curtis (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e polo Concello de Curtis.

Antecedentes.

A Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, establece que os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización das obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II deste real

decreto lexislativo, só deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista nesta disposición, cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificouno como sometido a avaliación de impacto ambiental con data do 18 de xuño de 2001.

O obxecto do proxecto é a definición das obras e instalacións necesarias para a clausura, selaxe e recuperación ambiental do vertedoiro de residuos urbanos de Curtis (A Coruña).

Este vertedoiro, situado no monte da Naviera, á altura do quilómetro 13 da estrada N-634, está en explotación desde hai 13 anos. O volume de residuos depositados acada os 13.500 m, tendo a parcela na que sitúa unha extensión de 10.231 m, restrinxíndose a superficie ocupada por residuos a unha área de 7.723 m.

Sistematicamente, lévase a cabo a incineración dos residuos vertidos, o que produce unha reducción do volume acumulado, acarreando un grave impacto ambiental debido principalmente ós olores, e o impacto paisaxístico.

O curso receptor máis próximo é o regato Edreira, tributario de terceira orde do río Mandeo, e que dista uns 400 m do vertedoiro.

Co obxecto de rexenera-la zona prevese realizar unha hidrosementeira na zona que se vai selar, coa seguinte mestura de herbáceas e arbustivas:

-Un 60% das seguintes gramíneas: Dactylis glomerata (dactilo), Bromus inermis (bromo), Festuca arundinacea (festuca), Festuca rubra (festuca encarnada), Lolium multiflorum(herba de Vigo), Lolium perenne (xoio).

-Un 20% das seguintes especies leguminosas: Lotus corniculatus (corniños), Melilotus officinalis (chupamel), Trifolium repens (trevo branco).

-E un 20% das seguintes arbustivas: Ulex spp (toxo) e Cytisus spp (xesta).

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas preventivas e correctoras recollidas no estudio ambiental presentado.

O estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Curtis (A Coruña) someteuse ó trámite de información pública, polo prazo de 30 días, mediante Resolución do 19 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 136, do 13 de xullo. O certificado de exposición pública na delegación da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña recíbese con data do 27 de agosto de 2001, non tendo constancia da presentación de alegacións.

Con data do 19 de xuño de 2001 consúltanse as direccións xerais de Saúde Pública e Obras Públicas,

non tendo constancia da emisión dos informes no prazo legalmente establecido, e á vista do tempo transcorrido, procede prosegui-la tramitación de conformidade co artigo 83 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Cumprida a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula para os únicos efectos ambientais a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU do municipio de Curtis (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Curtis.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Curtis, a obriga de asumi-lo mantemento e conservación das obras unha vez recibidas será do Concello de Curtis. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinados os documentos:

-Estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura, selaxe e acondicionamento do vertedoiro de RSU do municipio de Curtis (A Coruña). Xuño 2001,

-Proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU de Curtis (A Coruña). Agosto 2001,

e tendo en conta o carácter de corrección ambiental das obras, estímase a necesidade de realiza-lo proxecto.

Nembargantes, coa finalidade de optimizar estas medidas e co obxecto de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar, ademais das medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas nesta declaración de impacto ambiental, todo isto para cumprir co disposto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación avaliada e esta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos de Curtis (A Coruña).

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Observarase o disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto), así como o estipulado, se é o caso, pola ordenanza municipal ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

Durante a adecuación da masa de residuos, consideraranse as condicións metereolóxicas, evitando a remoción de residuos en presencia de vento, alta temperatura ou elevada pluviosidade.

Así mesmo, na escavación de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

Trala finalización das obras vixiarase que as emisións nas chemineas de desgasificación non sexan percibidas de forma habitual polas poboacións do contorno, e se é o caso, recollerase este gas e procederase a queimalo.

4. Sobre as augas.

Para calquera vertedura de efluentes será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia.

No caso de atopar acumulacións de lixiviados sobre o terreo, estes serán recollidos e entregados a un xestor autorizado se superan os límites de vertedura recollidos na táboa 3 do anexo ó título IV do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

Efectuaranse regas para evita-la emisión de po, de xeito que se humecte o solo, pero non se formen asolagamentos nin regatos. Este aspecto tamén deberá ser tido en consideración durante os movementos de terras e residuos, de tal xeito que non se impida o libre fluxo de auga.

Co fin de minimiza-la producción de lixiviados, e tal e como se indica no proxecto, o depósito de lixiviados deberá manterse cuberto.

Os lixiviados acumulados no depósito durante o mantemento posterior á clausura retiraranse cando se acade como máximo as 3/4 partes da súa capacidade e serán entregados a xestor autorizado, para o seu traslado ata unha estación depuradora de augas residuais.

Garantirase o adecuado tratamento das augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos.

As augas de escorrega superficial conduciranse a través das canles de intercepción proxectadas. Para evita-la erosión na incorporación das augas á rede natural de drenaxe, deberanse colocar sistemas de disipación de enerxía (empedramentos, pequenos diques, etcétera) nos puntos de vertedura. Así mesmo, nestes puntos débense impedi-los fenómenos de asolagamento ou deposición.

Realizaranse periodicamente labores de mantemento co fin de asegura-lo correcto funcionamento dos sistemas de drenaxe de augas pluviais e de lixiviados.

As reparacións e cambios de aceite da maquinaria móbil realizaranse en talleres autorizados.

5. Sobre o solo.

Tal e como se recolle no plan de vixilancia ambiental presentado, de maneira previa ó comezo efectivo

das obras procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de maneira que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio e restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante, xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexislación vixente. Os residuos almacenados temporalmente á espera da súa entrega a xestor autorizado deberán poñerse en contedores localizados nun lugar debidamente sinalizado.

Queda expresamente prohibido depositar calquera tipo de residuo fóra da superficie delimitada para o vertedoiro.

Os materiais precisos para a adecuación e selaxe do vertedoiro deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

6. Sobre a restauración.

Ata asegura-la viabilidade da sementeira e da plantación, realizaranse regas regulares, fertilización mineral de reforzo anual e resementeira das superficies nas que se aprecie a presencia de calvas.

7. Sobre a protección e control de accesos.

Adoptaranse as medidas precisas para evita-la aparición de focos de vertedura, tanto na fase de adecuación e selaxe como na fase posclausura.

Executarase o peche perimetral proxectado, que deberá asegura-la súa función en todo momento, limitando a entrada polos accesos só a persoal autorizado.

8. Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Así mesmo, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódolas incidencias que se produzan rexistraranse no momento da súa avaliación nun libro-rexistro que estará á disposición da Administración competente. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes que se van remitir a esta dirección xeral.

As analíticas que se van realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar tamén a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse por duplicado perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos, comprendendo, como mínimo, os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:500 dotado de coordenadas UTM, no que se localicen os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control. Este plano acompañarase de relación de coordenadas UTM que defina o perímetro da parcela.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar incluíndo a zona non selada. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

d) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados durante a obra, e que non puideron ser obxecto de depósito no vertedoiro.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura. Así mesmo, definirase o responsable do control ambiental requirido no punto 9.2 desta declaración.

8.2. Informe de Seguimento Ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, contada desde o final das obras e ata que esta dirección xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no punto 10 do estudio de impacto ambiental incluído no proxecto, e deberá incluír, ademais, a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da entrega dos lixiviados a xestor autorizado, indicando os volumes e as súas características.

b) Reportaxe fotográfica da superficie selada e revexetada, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, do peche perimetral e da eficacia do sistema de disuasión de verteduras. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

Se durante o período de control posclausura se producise unha variación significativa na calidade das augas subterráneas, das superficiais, dos lixiviados, ou un incremento importante na producción destes, deberá notificarse inmediatamente á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control posclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modifica-la lista dos parámetros que se van controlar, así como a frecuencia dos controis que se van realizar.

9. Condicións adicionais.

9.1. O Concello de Curtis poderá solicitarlle ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas, permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada esta declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó concello o acordo adoptado.

9.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o antedito concello deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

9.4. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental poderá paralizar cautelarmente as obras ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

9.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia, poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

9.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial das condicións impostas nesta DIA poderán ser causa suficiente para proceder a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.7. Esta resolución adoptada por esta dirección xeral non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

9.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resumo do proxecto

Localización e descrición do vertedoiro

LocalizaciónConcello de Curtis

Superficie da parcela10.231 m

Superficie ocupada por residuos7.723 m

Volume aproximado de residuos13.500 m

Tipos de residuosRSU

Tipos de vertedoiroEn superficie

Tempo en funcionamento13 anos

Situación actual e situación prevista

coa realización do proxecto

Situación

actual

Proxecto

LixiviadosFondo impermeabilizadoNon, terreo naturalNon, terreo natural

Drens lixiviadosNonSi

Captación de lixiviadosNonSi

TratamentoNonA depósito e traslado a EDAR

GasesDrensNonSi

Captación NonSi, 4 pozos

TratamentoNonExtracción pasiva

PluviaisFoxos de recolla perimetralNonSi

Punto de verteduraNonÓ medio

CubertaLámina/capa impermeableNonSi

Terra vexetalNon30 cm

VexetaciónNonSi

EstabilidadeEstabilidadeSi, menos nos noiros exterioresSi

AccesosPosibilidade de accesoSiNon

Vixilancia ambientalPlan de vixilancia ambientalNonSi

Compoñentes do sistema de selaxe

Superficie do vertedoiro

Capa de acondicionamento0,20 m de xabre

Capa de impermeabilizaciónXeotéxtil-bentonita-xeotéxtil

Capa de drenaxe0,25 m de grava recebada con area

Capa de protección da drenaxeXeotéxtil non tecido de 300 g/m

Capa de cobertura0,4 m de solo seleccionado e 0,3 m de terra vexetal

Resumo das medidas preventivas e correctoras

* Sobre a atmosfera:

-Os motores da maquinaria teranse en perfecta posta a punto, co fin de evitar emisións producto de combustións incompletas ou deficientes e asegura-lo seu mantemento axeitado e reduci-los ruídos xerados polo seu tránsito.

-Limitarase a velocidade dos camións, evitando as aceleracións e freadas fortes, o que contribuirá

a reducir ó máximo os niveis sonoros producidos pola maquinaria móbil de obra.

-Toda a maquinaria empregada estará homologada e cumprirá a normativa existente sobre emisión de ruído. Polo tanto, as emisións sonoras axustaranse ó establecido no Real decreto 245/1989, do 27 de febreiro, sobre determinación e limitación da potencia acústica admisible de determinado material e maquinaria de obra.

-En relación coas posibles alteracións da calidade do aire por emisión de po á atmosfera debida á acción da maquinaria e dos movementos de terra, procederase á rega suficiente das distintas zonas, especialmente nos períodos máis secos, co fin de evita-la dita emisión. Non obstante, terase a precaución de non regar sobre residuos, para evita-la formación de lixiviados.

-Establecerase un procedemento de limpeza periódica dos camións e maquinaria móbil que evite o arrastre de partículas e a diseminación de sedimentos polas vías de comunicación próximas, evitando así a emisión de po nas inmediacións.

* Sobre o solo:

-Na medida do posible procederase á retirada e amoreamento da terra vexetal das novas zonas ocupadas en áreas do propio vertedoiro.

-Debe garantirse, mediante os procedementos de amoreamento axeitados, que este solo non sufra alteracións, nin se produza a súa perda por escorrega ou esvaramento. Para isto deberá disporse en superficies chás, en lugares non susceptibles de arrastre por escorrega e formando cordóns lonxitudinais de altura máxima 1,5 m.

-As reparacións e cambios de aceite dos vehículos realizaranse en talleres especializados.

-Levarase a cabo a correcta xestión dos aceites provenientes dos equipos e maquinaria, ó longo da fase de obras. Estes recolleranse en contedores axeitados e entregaranse a un xestor autorizado.

* Sobre as augas:

-Na evacuación e recollida dos lixiviados controlaranse os posibles bloqueos de conduccións e saídas indesexables por zonas non esperadas.

-Na recollida dos lixiviados, para o seu posterior tratamento en planta depuradora, é preciso analiza-los valores dos parámetros da análise para a súa correcta eliminación.

-Manteranse limpas as gabias de drenaxe de pluviais e repáranse naquelas zonas que se atopen en mal estado para permitir que desaugue toda a auga de escorrega e que non se produzan retencións nin desbordamentos que poidan invadi-la zona selada ou orixinar procesos erosivos, co conseguinte arrastre de materiais.

* Sobre a vexetación:

-Procederase a revexetar coas especies sinaladas no anexo de revexetación do proxecto.

-Non se afectará ningunha outra vexetación que non sexa aquela que poida existir dentro da zona de vertedura.

-De forma xeral, as rozas, cortas e clareos de superficies con vexetación non poderán levarse a cabo mediante incendios controlados, independentemente da localización e calidade ecolóxica da vexetación presente.

-Os traballos necesarios para recupera-la cuberta vexetal afectada abordaranse coa maior brevidade posible co fin de facilita-la recolonización vexetal e evitar procesos erosivos.

* Sobre a fauna:

-Evitaranse, na medida do posible, os ruídos intensos e vibracións na época de cría e reproducción das especies andantes, elixindo para efectua-las obras que entrañen estas afeccións, as épocas estivais como máis adecuadas ou propicias para iso.

* Sobre a paisaxe:

-A eliminación dos elementos voantes e outros cúmulos de residuos dispersos nos contornos do vertedoiro contribuirán á mellora da zona.