Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente sancionador OU 049/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por nonser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedementos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 20 de setembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 049/01P.

Denunciado: Magín Jiménez Jiménez.

DNI: 76715824-Z.

Derradeiro enderezo coñecido: San Amaro, 5, Viana do Bolo (Ourense).

Feito probado: pescar con máis canas das permitidas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.