Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente sancionador OU 028/01C, por infracción da Lei de caza de Galicia.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por presuntas infraccións a Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 20 de setembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 28/01C.

Denunciado: Antonio Saco Rodríguez.

DNI: 34228854.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa das Curruxeiras, nº 22, Ourense.

Feito probado: cazar no couto de caza OR-10228 sen acreditar estar en posesión do permiso do couto.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.27º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: multa de 100.001 pesetas, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obte-la durante un ano e un día.