1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se citan a seguir.
Peticionario: Begasa.
Finalidade: mellora-la calidade da subministración eléctrica.
Características técnicas principais.
1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. A Fonsagrada e remate no C.T. proxectado de Viladriz de 4.226 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56.
2. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. proxectada a C.T. de Viladriz e remate no C.T. proxectado de San Breixo de 231 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56.
3. Centro de transformación aéreo de intemperie de Viladriz de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
4. Centro de transformación aéreo de intemperie de San Breixo de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
5. Rede de baixa tensión aérea de Viladriz de 585 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
6. Rede de baixa tensión aérea de San Breixo de 530 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que citan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
3. Alegacións.
O que se fai público para que poidan examinarse o proxecto e os seu anexos de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 3 de setembro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 20/2000 Provincia: Lugo
Reelectrificación de San Breixo e Viladriz.Termo municipal: A Fonsagrada.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Apoio Voo
Nº Paraxe Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
López
Veciños de Rebolín-Pacios A Fonsagrada (Lugo)
López
Veciños de Rebolín-Pacios A Fonsagrada (Lugo)
1 Viveiro Prado Rpta. Antonio Fernández
Rebolín, 1
1 2 37 629
Pacios Monte baixo Rpta. Antonio Fernández
Rebolín, 1
2 2 157 2.669