Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se declara a tramitación polo procedemento de urxencia o expediente da liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. A.T. 95/383 L.M.T., C.T., R.B.T. Caneira Baredo no concello de Baiona, e se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación. (Expediente 383/1995 A.T.).

Ó abeiro do establecido no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, polo que se modifica o carácter extraordinario da tramitación polo procedemento de urxencia que pasa a converterse en tramitación ordinaria, competencia desta delegación e vistas as alegacións formuladas polos afectados, esta delegación

ACORDA:

1. Declarar, en concreto, a necesidade da ocupación polo procedemento de urxencia establecido

no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que máis abaixo se relacionan, coa fin de levar a cabo a execución da liña A.T. 95/383 L.M.T., C.T., R.B.T. Caneira Baredo, da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a que este expediente se refire, da que a autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública foron outorgadas por senllas resolucións desta delegación do 15 de febreiro de 1996.

2. Establece-la afección dos titulares, bens e dereitos que se xuntan, co alcance que se determina.

3. Sinala-la data para o levantamento das actas previas a ocupación, o que se levará a cabo, sobre o terreo, a partir da 10 horas do día 13 de novembro de 2001, polo que deberán acudi-los afectados ou persoa que os represente, provistos dos documentos que acrediten de modo fidedigno a propiedade e podendo facerse acompañar de perito ou notario á súa custa.

Predios: 1-22.

Hora: 10.

Día: 13-11-2001.

Nº de expediente: 95/383.

Denominación da liña: L.M.T., C.T., R.B.T. Caneira Baredo.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Travesía de Vigo 204-Vigo.

Situación da liña: Baiona.

Condicións técnicas: liña de 15/20 kV de 635 m de lonxitude. Conductor LA 56, sobre apoios de formigón.

De acordo co disposto no artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa, contra o presente acordo non procede recurso ningún, non obstante os interesados poderán, unha vez publicada esta relación e ata o momento de actas previas, formular por escrito, perante esta delegación, alegacións para o efecto de corrixir posibles erros que se padeceran na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Vigo, 28 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 95/383Concello: BaionaProvincia: Pontevedra

L.M.T., C.T. e R.B.T. Caneira Baredo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

21/1Sobre CamposMonte altoEmma Gómez GiráldezAlbores Grande-Prado, s/n

36391-Priegue-Nigrán

440

24CaneiraLabradíoMilagros Navos DuránRiña, s/n

36794-Sta. Mª de Oia

110

22CaneiraMonte baixoCelsa Fernández MartínezCaneira, s/n

36309-Baredo-Baiona

70700

21Sobre CamposMonte altoRpta. Amando Miniño Granja

Hros. María Mosquera Granja

20200

20Sobre CamposPradoCándido Álvarez MiniñoXesta, s/n

36309-Baredo-Baiona

25250

19Sobre CamposPradoMartín Barreiro DuránSaá, 33

36312-Beade-Vigo

880

17Sobre CamposMonte baixoApoderada: Teresa Barreiro BarreiroCarballo, s/n

36309-Baredo-Baiona

10

12CanceloPradoDorinda Álvarez NavosCarballo, 9

36309-Baredo-Baiona

30230

9CanceloLabradíoJosé Pérez MartínezCahada, s/n

36309-Baredo-Baiona

880

1CanceloPradoDomingo Durán BarreiroPortelos, 1

36309-Baredo-Baiona

248480