Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica a resolución dictada por infracción da normativa vixente en materia de urbanismo devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

Por medio desta cédula notifícaselle ó denunciado, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a resolución sancionadora dictada polo director xeral de Urbanismo, dictada no expediente sancionador que se cita no anexo.

Fáiselle saber que, contra a dita resolución, o interesado poderá achegar cantas alegacións, documentos ou información consideren convenientes, no prazo de quince días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que prentenda valerse, de conformidade co disposto polo artigo 16 do Real decreto 1398/1993, todo isto, sen prexuízo do establecido polo artigo 3 do citado real decreto.

Para que conste e sirva de notificación ó citado denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo

ANEXO

Expte.: 107 C-2001/81-O.

Denunciado: Río Pacín de Inversiones, S.L.

Condición: promotor das obras.

Último enderezo coñecido: Asperelo-Entrimo.

Feitos: obras de construcción de edificio de nova planta sen licencia municipal.

Lugar: estrada N-540, p.k. 70. Aceredo.

Concello: Lobios.

Precepto infrinxido: artigo 182.2º Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 70.2º do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Precepto sancionador: artigo 185.1º c) Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 82 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Tipo resolución: iniciar expediente sancionador en materia de urbanismo á entidade mercantil Río Pacín de Inversiones, S.L.

Nomear instructor a Jesús Martínez López, funcionario da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podendo os interesados promover recusación en calquera momento da trami

tación do expediente, expresando a causa ou causas nas que se funde, de conformidade co disposto polos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.