De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á interesada, cos datos e último domicilio coñecido en Miraxe, s/n, O Rosal-Pontevedra, a resolución do expediente sancionador número O-2001/0165, que lle foi incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra á empresa Excavaciones Dorado, pola comisión dunha infracción contra a Lei de estradas de Galicia (en diante LEG), da que a parte dispositiva di:
Un.-Declarar á empresa Excavaciones Dorado, responsable da comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 43.4º a) LEG.
Dous.-Impoñerlle sanción de 200.000 pesetas (duascentas mil pesetas) (1.202,02 A).
Tres.-Ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción nun prazo de 15 días, desde a notificación da presente resolución (art. 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (art. 47.4º LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.
Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación conforme o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda