Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de licitación: concurso por procedemento aberto e tramitación de urxencia para concerta-la xestión indirecta do Servicio de Axuda no Fogar no Concello de Castro de Rei.

Por acordo da Comisión de Goberno Municipal, adoptado na sesión do 5 de setembro de 2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá no concurso por procedemento aberto e tramitación de urxencia para a contratación mediante a formalización de concerto para a xestión indirecta do Servicio Municipal de Axuda no Fogar, prego que se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para os efectos de que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso se ben a licitación aprazarase, se ó o caso, no suposto de que se formulen reclamacións contra o dito prego ata que estas sexan resoltas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Comisión de Goberno do Concello de Castro de Rei.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, Negociado de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concerto da xestión indirecta para a prestación do Servicio de Axuda no Fogar a tódolos beneficiarios do dito servicio social de base, nun tempo de 200 horas ó mes.

b) Lugar de execución: Concello de Castro de Rei.

c) Duración do contrato: catro anos, prorrogables ata un máximo de quince.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación e criterios de selección.

O canon que o concello satisfará por hora de traballo ó contratista adxudicatario do servicio será o ofertado por esta na súa proposición, que nunca poderá ser superior a novecentas pesetas hora (900 pesetas/hora).

Os criterios que servirán de base para a selección e adxudicación son os que se especifican na cláusula XI do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

a) Provisional, para acudir á licitación: 50.000 pesetas.

b) Definitiva, que terá que constituí-lo adxudicatario: será igual ó 4 por 100 do importe da adxudicación, referido ó prazo de duración do contrato.

Poderán constituírse, respectivamente, en calquera das formas previstas nos artigos 35 e 36 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Obtención de documentación e información.

Nas oficinas municipais do concello, en días laborables e das dez ás catorce horas.

Praza Maior, s/n, 27250-Castro de Rei (Lugo).

Teléfonos: 982 31 40 34 e 982 31 41 32.

Telefax: 982 31 40 61.

A data límite para obtención de información e documentación é o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia. Se o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar e modelo de proposición: a especificada na cláusula X do prego de cláusulas administrativas particulares, axustándose a oferta económica ó modelo contido na cláusula XX.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral das oficinas municipais, na Casa do Concello de Castro de Rei.

8. Apertura de ofertas.

Pola mesa de contratación, no salón de sesións da Casa do Concello, ás doce horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No modo e forma que se especifica na cláusula XII do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

En Castro de Rei, 15 de outubro de 2001.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde