Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na súa sesión do data 17 de outubro do ano que andamos, acordou prorroga-lo prazo de información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cambre redactado por

IDASA, S.A., ata o vindeiro día 19 de novembro, inclusive, de conformidade co artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante esta ampliación do prazo de información pública poderáse seguir coñecendo e examinado a documentación integrante do Plan Xeral no salón de sesións desta Casa do Concello e presenta-las alegacións que estimen pertinentes.

Cambre, 18 de outubro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde