Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.089

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de outubro de 2001 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 22 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de abril) e se fai pública a concesión de bolsas destinadas ós galegos e ós seus descendentes que residan en Iberoamérica e se incorporen ó sistema universitario de Galicia no curso académico 2001-2002.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou por Orde do 22 de marzo de 2001 (DOG do 9 de abril), bolsas destinadas ós galegos e ós seus descendentes que residan en Iberoamérica e se incorporen ó sistema universitario de Galicia no curso académico 2001-2002.

De acordo co establecido no artigo 5 das bases da convocatoria, desde o día 20 de agosto ata o día 30 de agosto de 2001 expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo prazo os interesados formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos perante a Dirección Xeral de Universidades.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Facer pública a relación de candidatos que obtiveron bolsas para a realización de estudios universitarios de 1º ciclo e 1º e 2º ciclo e que se relacionan no anexo I desta orde e na contía que se especifica.

No suposto de producirse algunha renuncia, e tendo en conta o remanente de crédito previsto na orde de convocatoria, procederase a adxudica-la bolsa ás persoas que figuran na lista de seleccionados como suplentes (anexo II) e pola orde que figuran nela.

Artigo 2º

Facer pública a relación de candidatos que obtiveron bolsas para a realización de estudios universitarios de terceiro ciclo e que se relacionan no anexo IV desta orde e na contía que se especifica.

No suposto de producirse algunha renuncia, e tendo en conta o remanente de crédito previsto na orde de convocatoria, procederase a adxudica-la bolsa ás persoas que figuran na lista de seleccionados como suplentes (anexo V) e pola orde que figuran nela.

Artigo 3º

Os solicitantes que figuran nos anexos III (1º e 2º ciclo) e VI (3º ciclo) deberán considerar desestimada a súa solicitude, polas causas que nel se especifican.

Artigo 4º

Os beneficiarios están obrigados a cumpri-las normas establecidas na orde de convocatoria e a súa concesión queda, así mesmo, condicionada ó cumprimento dos requisitos establecidos nas devanditas disposicións.

Artigo 5º

O aboamento das bolsas efectuarase unha vez presentados os documentos que se relacionan no punto 5, dos respectivos anexos I e II da orde de convocatoria.

Artigo 6º

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recuso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ED428B: AXUDAS PARA ESTUDIOS UNIVERSITARIOS DE 1º

Y 2º CICLO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA PARA GALEGOS

RESIDENTES EN IBEROAMÉRICA

ANEXO I

Lista concedidas

Nº EXPED.DNI/CIF SOLICITANTECONTIA

(PTAS.)

2001/000011-09700084DOMINGUEZ FERRAZ, DANIEL615.000
2001/000007-026542506MARTINEZ ESPERON, CARLOS590.000
2001/000013-09900602RAMIREZ HIDALGO, Mº FERNANDA590.000
2001/000002-09801631LIMERES NOVOA, FERNANDO JAVIER590.000
2001/000014-02015105SOTO LEON, PABLO ESTEBAN590.000
2001/000008-028753756VILLAR CORDERO, ERICA590.000
2001/000004-0004824CARVALHO VENTIN, FERNANDO565.000
2001/000003-026753096DEL VALLE VARELA, SELVA JOSEFA565.000

ANEXO II

Lista suplentes

Nº EXPED.DNI/CIF SOLICITANTECONTIA

(PTAS.)

2001/000005-045861011CASARES LOPEZ, FERNANDO
2001/000010-09100562PENEDO PEDRINI, LAURA
2001/000012-09000032SANMARTIN FERNANDEZ, GUSTAVO

ANEXO III

Lista denegadas

Nº EXPED.DNI/CIF SOLICITANTEMOTIVO DENEGACION

2001/000006-045848454PINTOR BARRAN, JESSICANON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA
2001/000009-09002287REY PONTE, DIEGO ALEJANDROPOR FALTA DE DOCUMENTACION
2001/000001-09800366ROSSI ALVAREZ, RENATANON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA

ED428C: AXUDAS PARA ESTUDIOS UNIVERSITARIOS DE

3º CICLO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA PARA GALEGOS

RESIDENTES EN IBEROAMÉRICA

ANEXO IV

Lista concedidas

Nº EXPED.DNI/CIF SOLICITANTECONTIA

(PTAS.)

2001/000016-0916881FERNANDEZ FRANCISCO, Mª PILAR610.000
2001/000018-026312815PIPPONZI VAZQUEZ, SILVANA590.000
2001/000013-0138397RAMOS MASID, ISRAEL560.000
2001/000009-09503808GIGEREY CASTRO, ORLANDO590.000
2001/000005-09800060TRIGO FERNANDEZ, RODRIGO590.000

Nº EXPED.DNI/CIF SOLICITANTECONTIA

(PTAS.)

2001/000010-024515279MARTINEZ ESPERON, Mª FERNANDA565.000
2001/000001-024873643GROVA BIONDI, ENRIQUE565.000
2001/000012-09203751BESADA IGLESIAS, ANA Mª565.000

ANEXO V

Lista suplentes

Nº EXPED.DNI/CIF SOLICITANTECONTIA

(PTAS.)

2001/000011-09300441NOVO CARDOSO, KARINA
2001/000017-047381088PENA PALLAS, JOSE WALTER

ANEXO VI

Lista denegadas

Nº EXPED.DNI/CIF SOLICITANTEMOTIVO DENEGACION

2001/000008-09703405ALONSO GARCIA, Mº ANGELESNON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA
2001/000015-08900165MARTINEZ ROMERO, Mª TERESANON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA
2001/000014-077416679PEREZ PELETEIRO, ANDREANON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA
2001/000006-09500343TRIGO CAMPOS, ALEXANDRENON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA
2001/000003-08906691VAZQUEZ DIAZ, MARCELA ANDREANON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA
2001/000007-0VAZQUEZ FERNANDEZ, ORLANDOFALTA DE DOCUMENTACION
2001/000002-025257651VICENTE CHANS, FLORENCIANON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA
2001/000004-09009137VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIANON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA