Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.088

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 282/2001, do 11 de outubro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto a favor da Comunidade Autónoma da estrada provincial de Outeiro de Rei por Arcos ó Castro, sita nos termos municipais de Outeiro de Rei ó Castro de Rei.

O Pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobou, en sesión ordinaria con data do 25 de xuño de 2001, a iniciación do expediente de cambio de titularidade, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia da estrada provincial que vai desde Outeiro de Rei por Arcos ó Castro (sita nos termos municipais de Outeiro de Rei e Castro de Rei); facultando ó mesmo tempo o presidente da deputación provincial para a sinatura do convenio que con tal fin se elabore.

Con data do 8 de outubro de 2001 asinouse o convenio de cambio de titularidade da mencionada estrada entre o presidente da Deputación Provincial

de Lugo e o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei de estradas autonómica 4/1994, do 14 de setembro, logo de acuerdo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de outubro de dous mil un

DISPÓN:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade a favor da Comunidade Autónoma da estrada provincial CP-39-01 Outeiro de Rei por Arcos ó Castro, sita nos termos municipais de Outeiro de Rei e Castro de Rei, que ten unha lonxitude de 11,7 km, con orixe no p.k. 513,6 da estrada C.N. VI Madrid-A Coruña e remate na intersección coa estrada C.L. LU-V.P 1101 de Rozas a Abadín, p.k. 5 (termo municipal de Castro de Rei).

Artigo 2º

A entrega da vía formalizarase mediante a sinatura da correspondente acta en documento público.

Artigo 3º

A estrada incorporarase á relación de estradas de titularidade autonómica como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. A aprobación da dita relación farase conforme o plan de estradas.

A mencionada estrada estará catalogada funcionalmente como rede primaria complementaria e pasarase a denominar como LU-115 Outeiro de Rei (N-VI)-Castro de Rei.

Artigo 4º

Correspóndenlle á Xunta de Galicia, a partir da formalización da entrega tódalas actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Artigo 5º

De acordo cos artigos 78 e 79 da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 150 a 152 do seu regulamento, a estrada deberase incorporar ó inventario xeral de bens da Comunidade Autónoma, quedando adscrita á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Disposición derradeira

Facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dicta-los actos que sexan precisos para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, once de outubro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda