Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.087

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 24 de outubro de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se adxudican as bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas no anexo IV da Orde do 6 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 1 de agosto).

A Orde do 6 de xullo de 2001 (DOG do 1 de agosto), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, prevé no seu anexo IV a concesión das prórrogas predoutoraias para a realización de teses de doutoramento en temas agrarios.

As solicitudes admitidas para participar na dita convocatoria foron estudiadas pola correspondente comisión, designada polo director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería da Presidencia e Administración Pública, segundo o disposto na base 6 da dita convocatoria. De acordo coa proposta eleborada pola dita comisión,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concedérlle-la prórroga predoutoral para un novo período de seis meses, comprendido entre o día 1 de outubro de 2001 e o 31 de marzo de 2001, ós bolseiros que obtiveron a primeira prórroga por resolución conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, do 23 de agosto de 2001 (DOG do 1 de agosto) e que a continuación se relacionan:

-Ulloa Guitián, Monserrat (DNI: 34264187-Y).

-Santoalla Lorenzo, Mª Concepción (DNI: 33331279-R).

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 6-7-2001)P.D. (Orde 6-7-2001)

(DOG do 1 de agosto)(DOG do 1 de agosto)

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-SoaresMiguel Ángel Ríos Fernández

Director xeral de Desenvolvemento RuralSecretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento