As consellerías da Presidencia e Administración Pública e Cultura, Comunicación Social e Turismo dictaron a orde conxunta do 4 de xullo de 2001, pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Plan Galego da Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, e se procede á súa convocatoria.
No punto 9 do anexo II da devandita orden establécese que o prazo de que dispoñen os beneficiarios de proxectos de investigación empresarial para achega-los documentos requiridos para proceder ó libramento das axudas correspondentes finaliza o 31 de outubro, do exercicio correspondente á anualidade de que se trata.
Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase preciso amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos realizados no ano 2001 polos beneficiarios destas axudas.
En consecuencia, no uso das atribucións que nos foron concedidas
DISPOMOS:
Artigo único.-Amplia-lo prazo de presentación dos xustificantes correspondentes ós investimentos do ano 2001 das axudas concedidas ó amparo do anexo II da Orde do 4 de xullo de 2001, conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ata o día 23 de novembro de 2001.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2001.
Jaime Pita VarelaJesús Pérez Varela
Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Cultura
e Administración PúblicaComunicación Social e Turismo