Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Faise público que por decreto desta Alcaldía do 18-10-2001 se aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 01 da área de reparto 29 do PXOM de Verín, presentado por Construcciones Limia, S.L. e redactado polo arquitecto Gerardo Seoane Fidalgo.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, comunicándose que durante o prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no DOG, o expediente se atopará ó dispor de calquera persoa interesada, na secretaría do concello, para os efectos de consulta e formulación de alegacións ou suxestións durante o dito prazo.

Verín, 18 de outubro de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde